Saltar ao contido

Dura derrota do ´GalaicoCaravaning’ en Lugo.

Este sábado, o grupo CM de liga prata Galaico Caravaning desprazábase a Lugo a desputar a cuarta xornada ligueira. Partido marcado polas precipitacións dos nosos durante todo o encontro.

O partido comezaba igualado para ambos bandos, onde os nosos plantexaban unha boa defensa 6.0 ante un rival que buscaba iniciar sempre en situacións de 1x1. O partido ía avanzando e os nosos con momentos de lucidez, encontraban situacións sinxelas en ataque, buscando sempre un pase máis e chegando así as segundas liñas, malia iso, a concentración ía e viña, e os riváis sempre aproveitaban eses momentos baixos dos nosos, facendo que dominasen no marcador pero sen moito criterio.

Na segunda metade, os nosos desexosos de poñerse por diante no marcador, incurrían en erros non forzados de pases e de recepcións, así como robos de balón por incidir no bote, e así pouco a pouco os lucenses sentíanse máis cómodos no 40x20 chegando a obter rendas de ata tres goles. Nos últimos quince minutos do envite, os nosos apretaron os dentes pero non foron quen de poñerse por diante do rival, as perdas de balón por precipitacións lastraron todo o encontro.

Nova semana de traballo para este grupo cadete que segue na busca dun millor xogo e dunha millor actitude. Seguimos traballando rapaces.

FORZACULLE!

CP Lucense 26-24 BmCulleredo ´GalaicoCaravaning`

GOLES:

cpLucense: Ivan Vila 7, Gabriel Arean 6, Amir Berka 5, Lucas Díaz 4, Pablo Navia 4, Martín Alonso, Adrián Mosquera, Bieito Martínez, Alex Prado.

Culleredo: Anxo 6, Hugo Rguez 4, Xoan Bello 3, Jairo 3, Félix 3, Mateo Pérez 2, Nico Díaz 2, Mateo Negreira 1, Jaime Serrano, Teo López, Roi Fdez, Alex Tajes, Roi Mourón, Hugo Díaz.

PARCIÁIS:

1-1/ 3-3/ 6-4/ 9-8/ 12-9/ 13-12/ 16-13/ 18-15/ 19-16/ 21-19/ 23-22/ 26-24.

ARBITRAXE:

Sergio Ríos e Nicolás Núñez.

INCIDENCIAS:

Quinta xornada ligueira desputada no pavillón municipal Casa do Deporte en Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *