Saltar ao contido

O acerto de cara a porteria dalle a victoria ao Remax Riazor

Volvia o Remax Riazor a Almeiras para enfrontarse ao Ribadosar de Santiago.

Comezaba o encontro con pequenas ventaxas no marcador a prol dos locais pero que non acababa de despegarse no electrónico por fallos a nivel defensivo y de concentración. Isto lastraba moito ao conxunto do Remax Riazor que na fase ofensiva non tiña problemas para superar a defensa 6:0 do equipo santiagués pero que na fase defensiva tiña moitos problemas para non recibir gol .

Co paso dos minutos a dinámica era a mesma por parte dos dous equipos , as defensas eran superadas polo ataques ata chegar o descanso cun 21-20 , moitos goles para tan poucos minutos.

Na segunda metade e tras cambiar o sistema defensivo o Remax Riazor empezou a encontrar unha mellor dinámica defensiva, con moitos erros tanto individuais como colectivos pero a dinámica melloraba un pouco , isto da pé a ir distanciandose pouco a pouco no marcador , xa que o equipo cullerdense en ataque seguía sen ter problemas.

Xa nos últimos 10 minutos un equipo visitante moi lastrado polo minutos de xogo acumulados , baixaba o nivel de xogo e isto daba a que o equipo local acabara o partido comodamente cunha ventaxa de 6 goles que ainda puido ser moito máis.

Felicidades pola victoria ao Remax Riazor pero queda moito trabllado defensivo por diante para poder ter unha maior solidez defensiva.

Forza Culle.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR: Rubén Gantes, Adrián López, Iago Allegue (6),Matias Teixeiro(1), Fabián Manzo (1), Nicolás Arias (4),Bruno Pardo(4), Mario Sánchez,Bieito Muiña,Alvaro Siso (2), Iago Vázquez(10),Pablo Ares, Diego Piñeiro(2).

Bm Ribadosar: Alberte Nercellas, Alejandro Hermida(6),Alex Graña(7),Brais ledo, Daniel Campo(5),Gonzalo Durán, Pedro Sarpaio(7),Gabriel Torea(6)

PARCIALES CADA 5`: 4-4/9-7/12-11/13-14/18-16/21-20/25-23/27-25/30-27/35-30/37-32/40-34

COLEXIADO: LUCAS SANCHEZ Y JOSE MIGUEL MARTINEZ

INCIDENCIAS: Xornada 4 da liga de prata cadeta masculina , disputado no pavillón. municipal de Almeiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *