Saltar ao contido

O XM ‘ÓpticaGallaecia’ se consolida como lider en Viveiro.

O pasado sábado, os rapaces do grupo xuvenil de liga prata desprazáronse a Viveiro a desputar a sexta xornada ligueira, ante un rival que non ía poñer as cousas sinxelas. Partido marcado polas baixas, o grupo para este partido formouse con seis cadetes e seis xuvenís.

O encontro comezou sen concentración para os nosos, onde os de viveiro implantaban o seu ritmo e o seu xogo, o que nos facía ir por detras no electrónico durante practicamente todo o encontro. Ataque sen fluidez, sen continuidade e con moitos erros de lanzamento. A nosa retagarda non era quen de frear as continuas embestidas de 1x1 do rival, frouxos de pernas e sen axudas, os de viveiro íanse sentindo cada vez máis a gusto no 40x20. Así chegábamos ao descanso dous tantos por abaixo.

Na segunda metade, o ritmo do envite foi moi similar, gol arriba gol abaixo, os nosos non despertaron ata os últimos 15 minutos, onde plantexando unha 5.1 moi profunda, provocábamos sendas perdas do rival que aproveitábamos subindo a contra e facendo efectivos os lanzamentos. Nestes quince minutos fináis, o ataque posicional funcionou traballando as continuidades a traves do xogo de cruces, onde os de viveiro non eran quen de frearnos. Parcial de 3-6 a favor dos nosos para pechalo encontro e traernos a culle 2 puntos máis que nos asentan como lideres a catro puntos dos segundos.

Destacar a labor imprescindible do noso capitán Javi baixo paos, con paradas de moito mérito e de nivel, e destacar tamén a debut nesta categoría de Marco González, cunha actuación de dez con paradas decisivas nos intres fináis do encontro, noraboa aos dous polo traballo.

Seguimos traballando rapaces. FORZA ÓPTICAGALLAECIA, FORZA CULLE!

Apart. Turisviveiro BmViveiro 21-24 ÓpticaGallaecia BmCulleredo

GOLES:

Viveiro: Brais Fara 2, Eneko García 3, Edgar Duran 4, Mael Pérez 3, Gabriel Mariño 4, Jose Juan Fdez 2, Gabriel Mamani, Pablo Gallego, Bryan Castrillón, Pablo Piñón 3.

Culleredo: Marco Glez (p), Javi (p), Diego Sala 5, Nico Vázquez 3, Xoel, Diego del Río 4, JuanFran 7, Aarón Blanco, Iago Vázquez 3, Antón 1, Álvaro Siso, Anxo 1.

PARCIAIS:

1-1/ 3-3/ 5-3/ 8-4/ 9-6/ 11-8/ desc./ 12-12/ 15-14/ 16-16/ 18-18/ 20-19/ 21-24/ fin.

ARBITRAXE:

Raquel Martínez Pita

INCIDENCIAS:

Sexta xornada de liga prata desputada no pavillón municipal de Viveiro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *