Saltar ao contido

O Bm Culleredo Baia Edicións regresa a senda dos triunfos

Xa decíamos co equipo do Baía Edicións está a aplicarse no seu día a día e así o demostrou este sábado no Pavillón Municipal de Almeiras.

Un equipo serio que aguantaba os batacazos do encontro nos primeiro dez minutos e que soubo rexurdir coma ave fénix. Foi a partir do minuto 15 onde o Baía Edicións poñiase por diante do marcador e xa encarrilou o encontro aumentando a renda ata o asubío final.

As contras a súa principal arma e os lanzamentos acertados que desta vez tiveron máis atino que en encontros anteriores.

O equipo local era capaz de interceptar os pases do equipo rival para sorprender cun contragolpe.

Vivíronse minutos fantásticos de xogo metendo goles ata en inferioridade numérica por parte das cullerdenses.

A pesar da ventaxa que ían poseindo as de culleredo, non escatimaban en darlle velocidade o xogo.

Pero para conseguir levalas rendas dun encontro, non só ten que ser efectivo o ataque, o Baía Edicións mostrou unha defensa con problemas de apoio polo que houbo que modificala en varias ocasións. 6:0,5:1 e mixta.

Esa velocidade da que falábamos antes no ataque posicional e cunha circulación de balón de extremo a extremo, desequilibrou ó equipo do Moaña.

Había que manterse ata o final, por iso o culleredo sabía da importancia de marcar en cada ataque.

Na segunda metade, xa o obxectivo era mantela intensidade e seguir mostrando a cara positiva do Baía Edicións a grandes rasgos.

BM CULLEREDO BAIA EDICIÓNS 40 (21+19): Marina Rodríguez Fernández (12), Lúa Fernández, Aitana Tasende Domínguez (3), Aroa García Pena, Sofía Gerpe Insua (3), Noa Insua Gómez (6), Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vázquez (1), Paula Vidal Rouco , Maria Bescansa Alcoba (2), Carla Bello Lopez (11), Carla Corral (2)

BALONMAN MOAÑA 28(16+12) :Vega Justo Benito (1), Lucia Justo Benito (3), Carla Soliño Martinez , Nahir Boubeta Villar, Uxia Hermelo Veiga (12), Julia Sanclemente Pousa (2), Eva Abraldes Argibay (4), Lucia Vazquez Otero (4), Alba Otero Dacosta, Ainhoa Rodriguez Vidal (2), Aisha Juncal Chapela, Idaira Juncal Chapela

Parcial cada 5 minutos: 2-3/6-7/10-9/14-12/17-14/21-16 Descanso 24-18/26-20/29-20/33-23/37-25/40-28 Final

Colexiados:. Iván Alfonso Pazos e Azucena Reboredo Martinez. Excluiron dous minutos a Carla Bello, Aitana Tasende e Lúa Fernández polo equipo local , Vega Justo e Lucía Justo polo equipo visitante

Incidencias: 4ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras con 60 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

ASMUBAL MEAÑO - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 26-40

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - CORETI LALÍN 16-34

BM CASELAS - MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 26-20

AACLINIC BM PABELLÓN - BALONMANO PORRIÑO "B" 24-33

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *