Saltar ao contido

O Fisioterapia Benestar; tres de tres

Non pode ser mellor o comezo desta competición para equipo Bm Culleredo Fisioterapia Benestar que loita partido a partido pola victoria.

Atrás quedan os play off onde dábase a oportunidade de loitar por unha praza na Liga de Ouro , e as cullerdenses queren dar un golpe de autoridade na Liga de Prata mellorando en cada encontro.

A pesar do abultado do marcador, o partido non foi fácil. O comezo do encontro estaba dominado polo Moaña ca no minuto 6 xa tiña unha renta de 4 goles sobre o Fisioterapia Benestar, isto fixo, ca entrenadora Lucía Vilariño pedise tempo morto para organizala ofensiva do equipo e facer uns axustes defensivos.

As rapazas recabaron a información e executaron as accións planificadas no tempo morto.

Unha primeira parte de remontada coa que as cullerdenses íanse cunha mínima ventaxa cara os vesturarios (12-10).

A segunda parte foi un recital de accións combinativas perfectamente executadas polo equipo locatorio. A renta foi en aumento o igual ca comodidade coa que sentía o equipo no terreo de xogo.

A medida ca ventaxa fisoxe sólida, o culleredo, baixou o rendimento defensivo que foi aproveitado polo Moaña, encontrando ocos nos desequilibrios defensivos. Tamén houbo tempo a que aparecerán pantasmas de encontros anteriores para o Bm culleredo, os pases.

Sen dúbida, un bo encontro no que o Bm Culleredo recolle outros 2 puntos para o seu casilleiro que fai que se arraiga nos postos altos da táboa clasificatoria.

Quedan agora 15 días por diante para preparalo seguinte encontro ,xa que a próxima fin de semana hai concentración das seleccións galegas e se paran as competicións.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 33 (12+21): Aroa García Pena (2), Carla Muiño Cancela (8), Carla Corral Quian (4), Aroa Barbeito Casas, Lúa Fernández Núñez, Leire Barbeito Casas (), Paula Peteiro Vázquez (3), Valentina Martínez Fiuza (2), Sara Fraga Fraga, Maria Bescansa Alcoba (4), Antia Ferreño (3), Irene Rodriguez (7), Lucia Ines Cortegoso

A RETORAL BM MOAÑA 17 (10+7): Eva Abraldes Argibay (1), Lucia Justo Benito (1), Ines Suarez Fernandez (2), Uxia Rodriguez Vidal, Nahir Boubeta Villar , Julia Sanclemente Pousa (5), Vega Justo Benito (3), Carlota Lorenzo Garcia, Lucia Vazquez Otero (4), Noa Rios Rosendo (1), Alba Otero Dacosta, Aisha Juncal Chapela, Uxia Perez Rosales, Ivonne Vega Rosales

Parcial cada 5 minutos: 1-3/3-8/7-8/8-9/11-10/12-10 Descanso 16-12/19-12/23-12/25-13/30-14/33-17 Final

Colexiados: Iván Alfonso Pazos e Martina Regueiro Insua. Excluiron dous minutos a Nahir Boubeta, Julia Sanclemente, Lucia Vázquez e o adestrador polo equipo visitante.

Incidencias: 4ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras con 60 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

Asmubal Meaño – Bm Brigantium Nunegal 32-16

Bm Arousa-Coreti Lalin 12-34

Pataltec Bm Caselas-Os Do Couto Bm Cañiza 18-29

Coolsport Bm Pabellón- Balonmano Porriño “B” 45-18

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *