Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SUPERA A FOCHANCA PARA PERMANECER INVICTO

O BM.Culleredo de 1ª autonómica masculina, segue o seu particular ronsel de vitorias, permanecendo invictos nestas primeiras seis xornadas de liga. A saída a Chapela intuíase complicada, un exame máis nas dificultades que leva atravesando o equipo nas últimas semanas en forma de ausencias, ben por lesións ou por motivos persoais.
Tras uns inicios erráticos, nos que os cullerdenses tardarían nove minutos en ver porta, o equipo iríase asentando na parcela defensiva para tomar a primeira vantaxe no minuto quince (7-8) e non abandonala en todo o que restaba de primeiro tempo (12-16). Os catro goles de vantaxe ao descanso proporcionaban certa comodidade ao equipo de Culleredo, pero aínda había moito que traballar no segundo acto.
Non puideron comezar as cousas mellor na continuación para o BM.Culleredo ,xa que o técnico local víase na obrigación de solicitar un tempo morto de emerxencia porque os cullerdenses se distanciaban perigosamente (12-18). Cando todo parecía discorrer da mellor forma posible para os intereses do BM.Culleredo, o equipo comezou a acumular algúns erros graves na parcela defensiva, que ademais se acompañaban con situacións de perdidas ou malos lanzamentos no ataque posicional. A dinámica do encontro estaba a cambiar, os redondelanos crían na posibilidade de conseguir os dous puntos e os cullerdenses parecían sumidos nun mar de dúbidas. Un 6-1 de parcial envorcaba o resultado a favor do conxunto local no minuto cincuenta (27-25) e todo pintaba moi propicio para a vitoria destes. Un tempo morto, un cambio de plan e a pronta reacción do BM.Culleredo, meteu entón ao equipo de novo no partido, apostando unha vez máis por unha retagarda solidaria que non encaixaría gol neses últimos dez minutos. Este feito sería clave para darlle a volta de novo ao marcador e terminar por imporse con ese marcador final de 27-33.

Balonmán Chapela 1: 27 (12+15). Ignacio López, Manuel González (2), David Figueirido (2), Lois García, Jonathan Rodríguez, Ángel Pérez, Carlos Ferreira (4), Pablo Martínez (8), Iñaqui Dacunha (4), Pablo Casal (4), David Fdez, Xoel Fdez, Hector Dacunha, Asier Vázquez, Samuel Sarandeses (3), Pablo Cruz.

BM. Culleredo : 33 (16+17). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Cristian Vigo (P), Alberto Catoira (4), Martín ínsua (3), Carlos Costa, Miguel Casal (4), Marco García (3), Marcos Vázquez (2), Daniel De Salvador (4), Iago Ferreiro (1), Álvaro Fdez (1), Mario Crecente (5), Adrián Rodríguez (5).

Parciais cada 5´: 1-0 / 3-2 / 7-8 / 8-12 / 11-15 / 12-16 / Descanso / 14-19 / 20-21 / 23-24 / 27-25 / 27-29 / 27-33 / Final.

Colexiado: Alberto Rodríguez e Diego Rivera.

Incidencias: 6ª xornada na 1ª Autonómica masculina, disputada nun pavillón Manuel González Soto de Chapela (Redondela), con moi boa afluencia de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *