Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Unha fin de semana máis teremos a todos os nosos equipos de alevín a senior competindo por toda Galicia, con interesantes partidos tanto nas Ligas de Prata como nas Ligas de Ouro. O noso equipo senior tentará conseguir os 2 puntos da sempre difícil pista do Chapela, pero coa confianza de contar todos os nosos partidos por vitorias.

(IF) COLEGIO LICEO LA PAZ VS BM CULLEREDO SUTENOR

Este venres ás 21:15, as nosas nenas do Bm Culleredo Sutenor buscarán seguir crecendo como equipo, mellorando o feito ata o de agora e como non, se se pode, traer 2 puntos para Culleredo. En fronte estarán as nenas do Liceo la Paz, que de seguro nos porán moi complicada a tarefa, sen embargo chegan as nosas plenas de confianza e seguro que poderemos vivir un intenso encontro.

(IF) U.B. LAVADORES VIGO VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas infantis visitan Vigo para xogar contra o Lavadores, un equipo que xa obtivo a victoria contra as nosas na fase previa. Prometese. Un partido moi igualado onde os dous equipos buscarán a victoria ata o final.

(IM) BM LÍNEA 21 VS BM CULLEREDO CLIMANOSA

O Bm Culleredo Climanosa afronta esta xornada a proba máis dura ate o de agora, nesta 4ª xornada terán como rival ao Bm Línea 21, un equipo, o de Novo Mesoiro que sempre ofrece batalla. Será sen dúbida un partido desputado e ao que os nosos chegan nun moi bo momento de xogo e no que todo dependerá

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS A.D. CARBALLAL BALONMÁN

A priori prometese un gran partido , os nosos xogan na casa e non queren perder ningún punto nela, pola contra o Carballal ven de facer un gran partido contra o Cangas e quere levarse o dous puntos de culleredo a toda costa.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS A RETORAL BM MOAÑA

Regresan o Pavillón Municipal de Almeiras as rapazas do Fisioterapia Benestar o sábado as 17:30.

Fronte o Moaña un equipo situado na metade da táboa con ánsias de gañar.

De seguro vai ser un encontro competitivo.

(CM) CP LUCENSE VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING

O Os cadetes de plata galaico caravaning desprazanse este sábado pola mañá a sempre complicada pista do Cp Lucense en Lugo.

Logo de gañar a pasada fin de semana e recuperar un mellor xogo, estes rapaces tentarán volver de Lugo con dous puntos e coa satisfacción de seguir medrando na categoría, de seguro o darán todo.

(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM RIBADOSAR

O Remax Riazor busca reecontrarse co seu xogo e sobretodo busca una regularidad que non está a encontrar e que acaballe pesando nos partidos.

Pola contra o Riobadosar xa sabe o que é gañar contra un equipo de Culleredo e quere ainda máis. 

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS FOOTPLUS A.D. CARBALLAL

O BM.Sweepend recibe este Domingo, na cuarta xornada da liga Ouro en categoría cadete masculino, ao sempre difícil Footplus A.D. Carballal. Os cullerdenses, que contan os seus partidos por vitorias, desexan continuar na mesma liña e non ceder puntos en casa. O  encontro dará comezo no pavillón de Almeiras ás 13:00h. O equipo deberá de mellorar defensivamente e no xogo posicional con respecto ao partido anterior a domicilio.

(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS BALONMÁN MOAÑA

Parece que o equipo xuvenil femenino do Balonmán Culleredo está sumerxido nunha mala racha. O equipo sabe das súas carencias pero iso non vai impedir que se preparen ben nos seus entrenamentos, nin que saían a dalo todo ó que se lles poña por diante.

Veranse as caras co Moaña o sábado as 19:00 no Pavillón Municipal de Almeiras

(XM) CLUB BM APARTAMENTOS TURISVIVEIRO VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA

Esta fin de semana, os xuvenís de liga prata desprazaráse a Viveiro a desputar a sexta xornada ligueira ante os segundos clasificados da táboa. De seguro será un partido difícil onde os nosos buscan seguir mellorando as sensacións de xornadas anteriores e seguir puntuando para manternos no primeiro posto da táboa.

(XM) BUENAS MIGAS LUCEROS VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

O noso xuvenil masculino de Liga Ouro desprazarase este sábado ao Pavillón do Gatañal, en Cangas. Alí, intentarán asaltar o fortín do Luceros, un dos dous equipos que aínda contan os seus partidos por vitorias nesta liga, e que por tanto, se mantén no máis alto da clasificación. Non será unha tarefa doada, pero os nosos viaxan coa motivación necesaria, sobre todo despois de conseguir os difíciles puntos da xornada precedente.

(SM) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO

Desprázase o BM.Culleredo o vindeiro sábado a Chapela para disputar unha nuevo xornada da 1ª Autonómica masculina. Os de Culleredo, que lideran a clasificación e permanecen invictos, parten coa ambición de sacar os dous puntos no municipal Manuel González Soto, aínda que non será nada fácil ante un recentemente descendido e que está necesitado de puntos. Haberá que comezar por mellorar o xogo da pasada fin de semana e volver impor un alto ritmo de encontro a partir da solidez defensiva. O partido dará comezo ás 18:30h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *