Saltar ao contido

Primeira vitoria para o Bm Culleredo Sutenor

Este domingo as nosas rapazas do Bm Culleredo Sutenor afrontaban a 3ª xornada da Liga de Prata, un encontro que as enfrontaba ás rapazas do Bm Xallas.

Tralos 2 primeiras xornadas, nas que o equipo non remataba de arrancar, parecía que este partido iría polo mesmo camiño, sin conseguir marcar gol nos primeiros 12 minutos. Tras un tempo morto no que se cambiou a dinámica do xogo, o equipo comezou a funcionar, marcando o primeiro gol das nosas rapazas no minuto 13.

Co equipo xa metido en partido e as rapazas máis concentradas cambiou por completo o visto ata o momento, pasando de ir perdendo 0-3 a chegar ao descanso con unha mínima ventaxa co 6-5 no marcador.

Xa na segunda parte decidimos subir a liña defensiva e tornarnos máis agresivas na presión, conseguindo xerar moitas dudas nas visitante, o que propiciou que nos primeiros 5 min roubásemos moitos balóns e conseguísemos aumentala ventaxa ata os 6 goles, máxima diferenza do encontro.

Tras este primeiro arreón das nosas nenas, o partido igualouse máis, con boas ocasións pola nosa parte pero con moitos erros de lanzamento e con despistes defensivos das nosas que propiciaban que as visitantes se acercasen no marcador.

Sen embargo, a boa presión das nosas rapazas e o traballo colectivo en defensa a través das axudas defensivas impediron que as visitantes se acercasen demasiado e remataba o partido co 15-11 definitivo e os 2 puntos que se quedaron en Culleredo. Primeira vitoria das nosas nenas do Sutenor que comezan a amosar todo o balonmán que levan dentro.

Bm Culleredo Sutenor: 15 (6+9) Sara Bello (P), María Otero (2), Uxía Otón, Sara Villar (3), Luana Gómez, Aitana Gestal, Inés Argiz, Adriana Vázquez (3), Eva Outón (1), Noa Otón (6), Antía García, Cintia Míguez.

Bm Xallas F.C.: 11 (5+6) Ariadna Filgueira (1), Noa Pose (1), Nerea López, Alison Caamaño (5), Yasmín González, Xiana Facal (3), Sara Pensado, Isabella Sofía (1), Amanda Martínez.

Resultado cada 5 minutos: 0-1 / 0-2 / 1-3 / 4-5 / 6-5 / DESCANSO / 12-6 / 14-8 / 14-10 / 14-10 / 15-11 / FINAL

Árbitros: Lucas Sánchez Pazo, moi correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Prata infantil feminina desputado en Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *