Saltar ao contido

O Bm Culleredo Climanosa sigue invicto

O pasado domingo os rapaces do Bm Culleredo Climanosa afrontaron a 3ª xornada de competición da Liga Prata infantil masculina. O partido desputouse ás 13:00 en Almeiras fronte ao equipo infantil mixto do Tirso de Molina.

Comezaba o encontro con unha clara superioridade dos nosos rapaces, pero a falta de concentración facíanos errar os primeiros lanzamentos claros dos que disponíamos, sen embargo seguiríamos a traballar moi ben en defensa, conseguindo numerosos roubos de balón que nos daban máis oportunidades e collíamos rapidamente unha ampla ventaxa no marcador. Observando a tónica do encontro, pasamos a baixar a liña e traballar máis xuntos, centrándonos menos no roubo de balón e priorizando o traballo individual respecto á nosa posición defensiva e as axudas. A pesares de que estábamos a controlar o partido claramente, pequenos desaxustes defensivos propiciaban que o seu pivote recibise o balón en zonas de perigo e aproveitase a súa forza e habilidade para atopalo camiño ao gol.

Xan a segunda parte seguiríamos coa mesma tónica, con un partido que vían controlado, aparecía a relaxación dalgúns xogadores, o que propiciaba que o Tirso de Molina gozase de máis oportunidades para atopalo camiño á nosa portería. Ao término dos 25 minutos certificábase a terceira vitoria para este grupo de infantís de 1º ano que están a progresar cada semana, unha vitoria que nos enche de confianza para poder afrontalos partidos máis compricados que teremos nas seguintes semanas, o primeiro este sábado ás 10:00 en Novo Mesoiro fronte ao Bm Línea 21.

Bm Culleredo Climanosa: 48 (23+25) Hugo Nodar (P), Mateo Basanta (P), Iago Bolaños (P), Diego Bermúdez (3), Martín Casal (7), Iván Gantes (8), Xoel González (2), Alejandro Soto (4), Lucas Paz (2), Isaac Lorenzo (8), Jacobo García, Antón Rodríguez, Mauro Fernández (1), Pablo Penelas (10), Guillermo Blanco (3).

Tirso de Molina: 13 (5+8) Julio Díaz, Jacobo Rodríguez, Duarte Sabio (12), Xabier Alvariño, Hugo Santos, Mateo Martínez, Miguel Rico (1).

Resultado cada 5 minutos:  3-0 / 8-2 / 13-2 / 17-2 / 23-5 / DESCANSO / 28-6 / 35-7 / 39-11 / 47-13 / 48-13 / FINAL

Árbitros: Pablo Torreiro Barros, correcto durante todo o encontro.

Incidencias: Partido correspondente á 3ª xornada da Liga Prata infantil masculina desputado en Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *