Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SUPERA AS ADVERSIDADES PARA CONTINUAR INVICTO

Chegaba o BM.Culleredo a esta quinta xornada coa bitola de invicto e sumando a totalidade de puntos, pero a visita do Calmear Rasoeiro BM ao municipal de Tarrío, víase como un test de moi alta esixencia, máxime, coas importantes baixas de Diego Gago por lesión, Darío por unha viaxe e Cristian por traballo. Era especialmente preocupante a falta dos dous primeiros, xa que a súa ausencia deixaba o posto do pivote tan só coa figura de Adrián, que, loxicamente, necesitaría descanso e substitución ao longo do sesenta minutos.
Pronto se viu e a pesar que o BM.Culleredo poñeríase enseguida por diante, que as sensacións non eran as óptimas no día de hoxe e que o rival ía pelexar polos dous puntos ata o último momento. O ritmo non era o máis adecuado para os intereses dos cullerdenses, que comezarían a ceder terreo no meridiano do primeiro acto a favor do seu rival. Chegábase ao descanso cunha importante desvantaxe de tres goles (11-14), así que tocaba levantarse e axustar o plan para remontar no segundo tempo.
Na continuación e aínda sen atopar as mellores sensacións no xogo, o BM.Culleredo se soubo asentar na retagarda para achegarse no marcador e aumentar exponencialmente as posibilidades de éxito ao final do encontro. Tan só 8 goles encaixados nos segundos sesenta minutos, foron claves para a remontada que propiciaba o parcial de 13-8 que se lles endosaba ao conxunto do Grove e con iso, dous puntos vitais para seguir no máis alto da clasificación.

BM. Culleredo : 24 (11+13). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Martín ínsua (2), Alberto Catoira (1), Carlos Costa, Miguel Casal (2), Iago Franco, Marco García (8), Marcos Vázquez (1), Daniel De Salvador (4), Álvaro Fdez, Juanchi (2), Iago Ferreiro (2), Nuno Loxo, Mario Crecente (1), Adrián Rodríguez (1).

Calmear Rasoeiro BM.: 22 (14+8). Ángel Noya, Javier Garrido (5), Iago Rodríguez (1), Alex Iglesias (3), Daniel Gonsalves (2), Sergio Iglesias (4), Daniel Garrido, Javier Noya, Adrián Fdez, Rubén López, David Rey, Vicente Enrique Domínguez, Rodrigo Mouco (4), Iván Campos, Brais Vázquez (1), Omar Mosquera (1).

Parciais cada 5´: 5-3 / 6-5 / 7-8 / 9-9 / 9-11 / 11-14 / Descanso / 13-15 / 14-16 / 17-17 / 19-18 / 19-20 / 24-22 / Final.

Colexiados: Andrés Rosendo e Alfonso Canitrot.

Incidencias: 5º encontro da 1º autonómica en categoría senior masculino, disputado nun municipal de Tarrío con boa entrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *