Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND CONSEGUE UNHA NOVA VITORIA A PESARES DO MAL PARTIDO

Non foi, nin moito menos, o mellor partido do BM.Culleredo Sweepend, aínda que o equipo sempre gozou de diferenzas cómodas con respecto ao seu rival para levar o triunfo final.
O inicio do encontro foi alentador para os intereses dos cullerdenses, aplicando na pista os seus acenos de identidade: defensa forte e contraataque, pero co paso dos minutos, o dinamismo inicial foise diluíndo e os fallos en lanzamentos claros, contribuíron a que certas dúbidas fixesen aparición no xogo. A todo iso sumar que comezarían a aparecer erros claros en situacións 1x1 no sistema defensivo e todo iso contribuiría a que o encontro entrase nun cúmulo de imprecisións que nada favorecían aos de Culleredo. A pesar de todo iso, o maior potencial do BM.Culleredo Sweepend mantiña ao equipo cunha vantaxe cómoda no tempo de descanso (14-19).
Na segunda parte, o xogo empeorou aínda máis e claramente, o envite converteuse nun correcalles con moi pouco balonmán que ofrecer. O positivo do encontro son eses dous novos puntos que manteñen invicto ao BM.Culleredo Sweepend no máis alto da táboa de clasificación.

Iberconsa Balonmano Reconquista de Vigo: 30 (14+16). David González, Breixo Álvarez, Simón Vázquez (1), Isaac Mani (4), David García (1), Gael Gallero, Nicolás Lamas (14), Nicolás Fdez (3), Fernando Jesús Murillo, Lucas Raposo, Ricardo Andrés Souto De Sousa, William Xosé Lowe (1), Aarón Rodríguez (6).

BM. Culleredo Sweepend: 37 (19+18). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (2), Aarón Blanco, Hugo Rodríguez, Iago Vázquez (2), Jaime Serrano (6), Adrián Veira (3), Iván Sánchez (8), Antón Pérez, Samuel Seijas (8), Josemi Martínez, Nicolás Casal (2), Alejo Martínez (6).

Parciais cada 5´: 3-6 / 4-9 / 6-12 / 6-14 / 12-17 / 14-19 / Descanso / 16-22 / 21-27 / 22-29 / 24-31 / 26-34 / 37-30 / Final.

Colexiados: Alberto Rodríguez e Marta López. Sen complicacións.

Incidencias: Terceiro encontro da Liga Ouro na categoría cadete masculino. Partido disputado na pista vermella de As Travesas con varios siareiros desprazados dende Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *