Saltar ao contido

Importante triunfo do GalaicoCaravaning en Almeiras.

O pasado sábado o equipo cadete de liga prata 'GalaicoCaravaning' recibía na casa a un dos riváis máis fortes do grupo, o GrupoLemaco Xiria B, correspondendo a carta xornada ligueira.

Partido moi igualado dende os inicios, ambos bandos repartíronse goles, sempre un gol arriba un gol abaixo. O encontro non se decidíu ata os últimos dez minutos do envite.

Os nosos tiñan claro que nesta xornada, os dous puntos non se podían escapar de Culleredo, logo da derrota pola mínima en Santiago, tiñan que volver a coller boas sensacións e amosar o gran grupo que son. E así foi, os nosos fixeron gala dunha boa defensa 6.0 que lle poñia as cousas complicadas aos carballeses, con moita profundidade e concentración, éramos quen de recuperar balóns e subir rápido á contra. Malia iso, o noso ataque posicional lastrábanos, sen moito ritmo e precipitacións, o rival aproveitaba estes despistes, facendo que non nos puidéramos afastar no electrónico.

Na segunda metade a tónica foi similar, ata os últimos dez minutos, instantes de infarto, os nosos tras dous boas accións defensivas, conseguen recuperar balón e facer efectivos dous tantos para darnos os dous puntos. Aínda así, os carballeses tiveron unha última oportunidade para empatar o encontro, cun penalti a tempo parado.

Boa oportunidade para os nosos de obter boas sensacións e coller folgos para próximos encontros.

Seguimos rapaces!!!!!!!!

FORZACULLE!!!!!

BmCulleredo GalaicoCaravaning 31- 30 GrupoLemaco Xiria B

GOLES:

Culle: Jairo 6, Roi Fdez 4, Jaime 4, Teo 4, Hugo Rguez 4, Mateo Pérez 2, Anxo Negreira 2, Nico Díaz 2, Mateo Negreira 1, Gael Fdez 1, Xoan Bello 1, Alex Tajes, Hugo Díaz (p).

Xiria: Xabier Fdez 1, Nicolás Mejuto 1, Álvaro García 1, Diego Barbeira 1, Andrés Pombo 4, Andrés Pedreira 5, Simón Viña 8, Marcos Varela 9.

PARCIAIS CADA 5':

4-1/ 5-7/ 8-9/ 12-12/ 14-15/ 15-16/ 18-18/ 20-20/ 24-22/ 25-23/ 28-27/ 31-30.

ARBITRAXE:

Pablo Torreiro.

INCIDENCIAS:

Carta xornada de liga prata cadete no municipal de Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *