Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO REMAX RIAZOR, CEDE POLA MÍNIMA NUNHA MALA SEGUNDA PARTE

Deixou escapar a vitoria o BM.Culleredo Remax Riazor nun mal partido, especialmente nunha segunda parte errática e repleta de imprecisións. O encontro ante o OAR no pavillón de S.Francisco Javier, comezou favorable aos de Culleredo, que a medida que pasaban os minutos, iríanse entoando en tarefas defensivas e grazas a esa defensa 6:0 densa e en bloque, sacaría proveito á velocidade no contraataque. O BM.Culleredo chegaría a distanciarse catro goles arriba, pero as imprecisións posteriores, os erros non forzados, serían aproveitados polos locais para reducir a diferenza á mínima expresión no tempo de descanso (11-12).
No segundo acto, esa irregularidade faríase máis patente para os de Culleredo. Numerosos balóns perdidos en transición, regalaba goles sinxelos ao conxunto do OAR, sós contra o porteiro, os coruñeses non desaproveitaban as ocasións e pasaban de ir a remolque todo o encontro a dominar con vantaxes mínimas. Ao cabo sería suficiente e aínda que o BM.Culleredo Remax Riazor gozaría dunha última e clara ocasión na liña dos 6m, o porteiro local daría os dous puntos definitivos ao seu equipo cunha boa parada.

OAR Coruña 1952: 25 (11+14). Leo Cousillas, Víctor Alonso, Rodrigo Serantes (3), Sergio Rey, Nicolás Gamas, Carlos Ortíz, Leo Fagot (4), Roi Tarrío (3), Yan Rusmir, Isayas Pasandín, Matías Castro (2), Sergio Prada (7), Javier Corredoira, Ángel Ortiz (6).

BM.Culleredo Remax Riazor: 24 (12+12). Rubén Gantes (P), Adrián López (P), Matías Teixeiro (1), Fabián Manzo, Bruno Pardo (2), Nico Arias, Jorge Outón (2), Iago Vázquez (4), Iago Allegue (1), Pablo Ares (1), Álvaro Siso (7), Mario (1), Diego Piñeiro, Lucas López (5).

PARCIÁIS: 1-3/ 3-5/ 7-6/ 7-9/ 8-10/ 11-12/ descanso./ 13-13/ 16-16/ 18-18/ 21-20/ 23-23/ 25-24/ final.

ARBITRAXE: Natalia Méndez e Rubén Iglesias.

INCIDENCIAS: Terceira xornada de liga prata desputada no pavillón S.Francisco Javier da Coruña. Bo ambiente nas bancadas con moita xente de Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *