
O pasado sábado, os xuvenís de liga prata recibían no municipal de Almeiras ao Balonmán Narón, na quinta xornada ligueira.
Neste encontro os nosos tiñan coma obxectivo único, desfrutar do encontro e recuperar as boas sensacións perdidas na xornada anterior en Pontedeume, na cal pese a levarse os dous puntos para Culleredo, foi un deses partidos sen ritmo e sen moito balonmán. Non ía ser así nesta nova xornada, os nosos armados de gañas e concentración, foron quen de amosar unha superioridade moi notable no 40x20 xa dende o inicio.
A tónica xeral do encontro foi manter unha gran intensidade defensiva, con moita profundidade para cortar a circulación dos xogadores do Narón e así recuperar a posesión do balón, o cal aproveitamos para correr e facer gala do noso xogo, transicións rápidas á porteria rival xerando situacións claras de gol.
Así se chegou ao final da primeira metade cunha diferenza de sete goles no electrónico. Na segunda metade, os nosos non baixaron os brazos en ningún momento, e cunha forma física superior aos rivais, mantuvimos o nivel e o ritmo os trinta minutos deste segundo asalto, facendo imposible ao rival acercarse no luminoso. Así chegamos ao final do encontro cun contundente 43-20 a favor dos de Culle.
Esta é a actitude e o camiño a seguir, a próxima fin de semana tócanos visitar a complicada pista do balonmán Viveiro, que de seguro será un encontro complicado.
Seguimos traballando e seguimos sumando!!!!!
FORZA CULLE!
BmCulleredo ÓpticaGallaecia 43-20 BalonmánNarón
GOLES
Culle: Javi (p), Juanma (p), Lucas 11, Aarón 2, Diego Sala 6, Nico Vázquez 6, Xoel 2, Fariña, Antón 2, Álvaro Siso 2, Diego del Río 4, Juanfran 9.
Narón: Óscar Rodríguez 4, Jorge Catalán 3, Pablo Lage 3, Martín Ferreño 2, Jorge Portas 2, Daniel Lamas 2, Lucas Freire 2, Mario Casal 2.
PARCIAIS:
3-3/ 9-6/ 13-8/ 16-11/ 19-12/ 19-12/ desc/ 19-12/ 26-13/ 31-15/ 35-16/ 40-20/ 43-20/ final.
ARBITRAXE:
Pablo Torreiro.
INCIDENCIAS:
Quinta xornada de liga prata no municipal de Almeiras.
