Saltar ao contido

Partido serio con victoria para o CM RemaxRiazor.

Este pasado domingo, o CM de liga prata Remax Riazor, recibía en Almeiras ao Balonmán Camariñas, na segunda xornada de liga.

Os nosos que logo da amarga derrota do finde pasado, tiñan claro que nesta xornada, os dous puntos tiñan que quedar en culle. E así foi, durante todo o encontro, a seriedade e a concentración de todos os compoñentes deste grupo foron claves para alzarnos coa victoria.

Xa na primeira metade puidemos observar a superioridade dos cullerdenses, sendo moi contundentes en defensa e subindo a contra con organización de e efectividade. O noso ataque tiña fluidez e continuidade, polo que conseguíamos abrir espazos na retagarda palilleira e facer efectivos os lanzamentos.

O ritmo do encontro estivo marcado polos nosos os sesenta minutos, que non baixaron a intensidade no seu xogo. Con continuas rotacións no banquillo, todos os xogadores desputaron minutos e aportaron actitude e bo facer en todas as facetas do duelo.

Ao final dos sesenta minutos, o electrónico amosaba a clara superioridade do culle cun 32-17, facendo efectiva a primeira victoria da tempada deste gran grupo cadete.

Noraboa polo esforzo, seguimos medrando!!!!!!!!!!

FORZA CULLE!

Bm Culleredo Remax Riazor 32-17 Balonmán Camariñas

GOLES:

Culle: Matias 3, Fabián 3, Bruno 4, Nico Arias 1, Lucas 2, Jorge Outón 1, Iago Vázquez 5, Yago Allegue 2, Pablo Ares 3, Álvaro Siso 4, Mario 1, Diego Piñeiro 2, Bieito 1, Rubén (p), Adri López (p).

Camariñas: Daniel Paz 6, Aarón Calvo 5, Brais Dono 3, Anxo Vigo 2, Lucas García 1, Leandro Canto, Xaquín Hermida, Fabio Pasantes, Alejandro Lobelos, Jorge Martínez, Mateo Carlin.

PARCIÁIS:

2-2/ 7-4/ 9-4/ 11-6/ 12-6/ 13-7/ desc./ 16-8/ 19-10/ 23-12/ 25-13/ 30-14/ 32-17/ final.

ARBITRAXE:

Daniel González e Josemi Martínez.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada de liga prata desputada no municipal de Almeiras, con boa entrada de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *