Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Nova xornada de balonmán e ven con novidades, co comezo da liga alevín de balonmán 7, abrindo desta forma a tempada oficial para as categorías máis pequenas do clube. Será unha fin de semana pragada de partidos desputados, complicados e sen dúbida de moita calidade.

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS BALONMÁN XALLAS FC

Terceiro partido para as nenas infantís de Liga Prata, que afrontan tras un comezo irregular na competición o seu partido fronte ao Balonmán Xallas. Salirán as nosas moi motivadas ao campo, buscando melloralo feito a pasada semana en Oleiros e de seguro que loitarán ata o final contra as rivais de Santa Comba para que os 2 puntos se queden en Culleredo.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS FARO DE VIGO CARBALLAL

As nosas infantís despois dun bo partido contra o SAR, terán enfronte a un gran rival como é o Carballal.

As nosas queren a súa primera vitoria e loitarán ata o final para conseguila.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS TIRSO DE MOLINA

Os rapaces do Climanosa están nunha boa dinámica, mellorando o seu rendemento cada semana e chegan a esta terceira xornada xa con 4 puntos no peto. Deberán seguir corrixindo erros e manterse concentrados os 50 min do partido se queren que este domingo ás 13:00 os 2 puntos se queden en Almeiras, no partido que nos enfrontará ao Tirso de Molina.

(IM) U.B. LAVADORES VIGO VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Os nosos infantís buscan un lavado de cara no próximo partido despois da derrota ante un Cangas moi superior.

O Nosolomadera quere volver a encontrar o seu xogo contra a U.B. Lavadores.

(CF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Despois da vitoria colleitada a fin de semana pasada, as de Culleredo queren seguir sumando puntos nesta primeira fase. Veranse as caras o domingo as 10:30 no Pavillón de Novo Mesoiro dous coñecidos da zoa.

O Bm Brigantium de seguro que non pora as cousas fáciles a pesar de saber que o rival ven de gañar o seu anterior encontro.

(CM) OAR CORUÑA 1952 VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Derbi coruñÉs esta fin de semana, os nosos cadetes do Remax Riazor veñen de obter a primera vitoria da tempada e buscarán no feudo coruñés a sus segunda vitoria.

O equipo local non venderá o partido barato e porá todo o seu potencial para que os puntos queden na casa.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS BRUPO LEMACO XIRIA “B”

Terceira xornada de Liga Prata para os nosos cadetes, que logo de perder pola mínima a pasada fin de semana, encaran este encontro con moitas ganas e coa convicción de poder lograr os dous primeiros puntos da tempada.

(CM) BM. RECONQUISTA DE VIGO VS BM CULLEREDO SWEEPEND

Segundo partido consecutivo a domicilio para o BM Culleredo Sweepend, que está a completar un inicio de competición sobresainte e desexa continuar nesa liña. Para iso, terá que manter a concentración amosada nas dúas anteriores confrontacións, a intensidade defensiva e o ritmo vertixinoso no xogo. Todos eles serán factores importantes se o equipo de Culleredo quere superar as dificultades que con certeza lles exporá a Reconquista de Vigo na pista Vermella do pavillón das Travesas. O encontro disputarase o Domingo ás 10:30h.

(XF) BM BRIGANTIUM NUNEGAL VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

A terceira xornada da competición trae o derbi comarcal. O equipo de Culleredo enfróntase a un vello coñecido o sábado as 12:30 no Pavillón de Novo Mesoiro.

Un encontro cheo de intencións por ámbolos dous equipos que se coñecen á perfección.

O Baia Edicións vai trala primeira victoria desta competición.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BALONMÁN NARÓN

Cuarta xornada de Liga Prata xuvenil, na que os nosos teñen como obxetivo mellorar o xogo do encontro anterior e volver a recuperar as boas sensacións. De seguro será un encontro de intensidade.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS BM ABEGONDO-ATLÁNTICO

O noso equipo xuvenil masculino de Liga Ouro recibe este domingo na pista de Almeiras ao Abegondo-Atlántico, un equipo que seguro virá crecido logo da súa inesperada vitoria fronte ao Cisne Colegio Los Sauces na última xornada.

Pola nosa banda, despois de intentar o asalto á que pode ser a pista máis complicada desta tempada, a do BM Porriño, sen conseguir puntuar, volvemos a casa coa intención, e tamén coa obriga, de quedar cos puntos en xogo. Queda por ver se podemos recuperar a tempo a algún dos lesionados que non puideron participar na xornada precedente.

Non será unha tarefa doada pero é que nesta liga, nunca o é!

(SM) BM CULLEREDO VS CALMEAR RASOEIRO

O BM.Culleredo recibe este sábado ao Calmear Rasoeiro BM, un conxunto recen ascendido de categoría, pero que se reinventou e conta cun potente plantel para este 2022/23. De feito, os do Grove coquetean coa parte máis alta da táboa e tan só cederon dous puntos nestas catro xornadas iniciais. Non será por tanto empresa fácil para os cullerdenses, que parten co obxectivo de facer un bastión do municipal de Tarrío e continuar invictos na competición. A pesar das baixas de Diego, Iago Franco e posiblemente Marcos Vázquez por lesión, o equipo espera non resentirse, grazas á amplitude do seu cadro de persoal. Manter a regularidade en canto ao funcionamento defensivo antóllase vital e imprimir un ritmo alto desde o primeiro momento ata o minuto sesenta. O encontro dará comezo ás 19:45h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *