Saltar ao contido

O CM Galaico Caravaning cede dous puntos nun partido de tolos.

Este pasado sábado pola mañá, o grupo cadete de liga prata 'Galaico Caravaning', desprazouse á Santiago a desputar a segunda xornada de liga ante o Balonmán Ribadosar.

Partido moi intenso en liñas xerais onde os nosos foron de menos a máis, competindo a un gran nivel e amosando un mellor xogo que o da xornada anterior.

Ao comezo do encontro os nosos comezaban con nervios e poca solvencia en ataque, pero a defensa moi ben traballada, facía que non nos descolgaramos do encontro e do marcador, poñendo en apretos ao ataque rival. Pouco a pouco, os nosos íanse sentindo máis comodos no 40x20, facendo gala do adestrado, ritmo de balón, continuidade, disuasións defensivas e profundidade, amosando unión grupal e moita concentración. Os cullerdenses estaban moi metidos no encontro, pero os de Santiago non ían poñelas cousas sinxelas. Así rematou o primer asalto cun 16-15 a favor do Ribadosar.

A tónica da segunda metade foi similar, competitividade máxima entre ambos bandos, onde os nosos non baixaron brazos en ningún momento. O resumo desta metade foi un reparto de goles de ambos equipos, no que ao final por mor de dúas perdas de balón consecutivas dos nosos, os santiagueses aproveitaron o filón para adiantarse e rematar así ao final cunha derrota dos cullerdenses pola mínima.

Imos a por outra xornada rapaces, este é o camiño!!!!!!!!

FORZACULLE!!!

Bm Ribadosar 32- 31 BmCulleredo GalaicoCaravaning

GOLES:

Culle: Anxo 9, Hugo Díaz (p), Roi Mourón (p), Mateo Pérez 1, Mateo Negreira, Teo López 2, Xoan Bello 3, Jaime Serrano 4, Jairo 2, Nico Díaz 3, Félix Noya 3, Álex Tajes, Roi Fdez 4, Gael.

Ribadosar: Alejandro Hermida 4, Airas Xuncal, Alex Graña 10, Gabriel Torea, Mateo Mosquera 10, Xulian Díaz, Gonzalo Durán, Daniel Campos, Pedro Sarrapio 8.

PARCIAIS:

2-3/ 5-6/ 8-10/ 11-12/ 14-14/ 16-15/ desc./ 19-18/ 21-18/ 23-23/ 26-26/ 29-27/ 32-31/ final.

ARBITRAXE:

Rubén Cividanes.

INCIDENCIAS:

Segunda xornada da liga prata desputada no municipal Quiroga Palacios, Santiago de Compostela, con boa entrada de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *