Saltar ao contido

O Óptica Gallaecia logra dous puntos en Pontedeume pese o mal xogo.

O pasado venres, os xuvenís de liga prata, desprazábanse a Pontedeume a desputar a terceira xornada ligueira, un encontro que a priori parecía sinxelo pola posición na táboa do equipo rival.

O encontro comezou moi con superioridade dos nosos, que con accións sixelas conseguían chegar a porteria eumesa sen algunha dificultade. Malia iso, a nosa defensa carecía de moita estructura e bo facer, sen concentración, os nosos provocaban espazos que o rival non desaproveitou e que fixo que pouco a pouco foran meténdose no partido. Nos minutos finais desta metade, o noso ataque deixou de funcionar, comezamos a botar o balón e xogar con individualidades que non remataban en gol, encaixando así no electrónico un parcial de 7-5 para os eumeses. Así, ó descanso chegamos 13-14 e con malas sensacións.

A segunda metade foi unha cotinuación da primeira, os nosos sen ritmo aínda, tan só conseguían adiantarse no marcador por un ou dous tantos de diferenza, mentres que os riváis seguían meténdose no encontro cada vez máis. Só conseguímos ter uns minutos de lucidez nos que fumos capaces de obter unha renda de catro tantos, diferenza que manteríamos ata o final pero sufrindo.

En liñas xerais, mal partido dos nosos xuvenís que necesitan facer un millor xogo para asentarnos como lideres na clasificación, e sen dúbida, aínda teñen moito que amosar. Seguimos traballando rapaces!!!!!

ForzaCulle!

Galitrans Pontedeume 27- 30 BmCulleredo Óptica Gallaecia

GOLES:

Culle: Javi (p), Lucas 5, Nico V 4, Xoel 2, Fariña 2, Diego del Río 6, Juanfran 2, Juanma (p), Diego Sala 6, Antón 2, Aarón 1, Álvaro Siso, Pestonit.

Pontedeume: Mario Glez 6, Samuel Murga 6, Roberto Folla 1, Xoel Calvo 5, Bryan Graña 5, Mateo Nuñez 1, Xurxo Sarmiento, Hugo López 2, Martín Riveira 1.

PARCIAIS:

1-2/ 3-5/ 6-9/ 6-11/ 11-12/ 13-14/ desc./ 15-18/ 17-19/ 21-25/ 21-27/ 26-27/ 27-30/ final.

ARBITRAXE:

Pablo Torreiro.

INCIDENCIAS:

Terceira xornada liga prata desputada no municipal da Casqueira, Pontedeume, con boa entrada de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *