Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es non pode parar ao BM Porriño

O equipo xuvenil da Liga Ouro masculina tiña unha saída complicada esta semana, e lamentablemente os prognósticos confirmáronse, e o equipo local, o BM Porriño, quedou cos dous puntos en xogo.

Os nosos saíron sen amedrentarse, intentando poñer o seu propio ritmo de xogo, e esta vez, o ataque parecía estar funcionando mellor que en partidos anteriores. A circulación de balón parecía máis fluída e se conseguían ocasións de gol con relativa facilidade, tanto con lanzamento exterior como con conexión coa segunda liña.

Pero, nesta ocasión, era na faceta defensiva onde aparecían os problemas máis preocupantes. O equipo local, que xoga habitualmente buscando ataques moi rápidos, levando os algarismos a cifras moi altas no marcador, arriscaba buscando finalizar os ataques con velocidade, e aínda que o Culle conseguía deter os seus ataques en moitas ocasións, o certo é que eran máis as veces nas que o Porriño conseguía éxito.

Esta dinámica foi constante durante todo o partido, aínda que foi no inicio do segundo tempo cando os nosos tiveron unha fase de menor acerto ofensivo, e foi cando o equipo local conseguiu despegarse no marcador, dunha maneira que xa se confirmaría como definitiva.

Boas sensacións para os nosos en moitas facetas do xogo, pero intercaladas con outras que evidencian que aínda nos queda traballo por facer para acadar o nivel de xogo que este equipo ten que ser quen de conseguir.

BM Porriño 41 (22+19) : Martín Bar (3), Pablo Álvarez (1), Adrián Carrera (4), Hugo Rodríguez, Eduardo Alonso (15), David Rodríguez (1), Iago Rivas (8), Alex Ocampo, Rodrigo Pereyra, Andrés Pérez, Nicolás Giráldez, Yago Raimúndez (4) e Juan Rodríguez (5).

Culleredo despreocupate.es 32 (18+14): Juan Manuel Pérez, Lucas Sánchez (3), Marcos Regueiro (2), Javier Ansede, Josñe Miguel Martínez (1), Shaiel Costa (2), Teo Calvo, Samuel Seijas (5), Daniel González, David Martínez (1), Nuno Loxo (12), Pablo Fariña e Senén Garea (6).

Parciais cada 5 minutos: 3-2, 7-3, 12-8, 15-10, 19-16, 22-18 (D), 27-21, 30-22, 33-24, 35-27, 37-30, 41-32.

Árbitras: Leyre Fernández e Soraya Abelenda.

Incidencias: partido correspondente á cuarta xornada da Liga Ouro xuvenil masculina disputado no Pavillón Municipal de Porriño.

Vídeo do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *