Saltar ao contido

GRAN VITORIA DO BM.CULLEREDO SWEEPEND EN CANGAS

Vitoria contundente en Cangas dun BM.Culleredo Sweepend que non deu opción ao seu rival en ningún momento e que baseou o triunfo nun ritmo frenético desde os primeiros instantes e unha defensa 6:0 que no primeiro tempo especialmente, raiou a nota máis alta. A retagarda foi vital para que os cullerdenses alzásense cos dous puntos en xogo e a partir de aí, finalizar con veloces contraataques, tanto en primeira como segunda onda. Na primeira parte especialmente, o Pizzería Baratto Luceros Cangas, non daban coa tecla para desarbolar o sistema defensivo dos de Culleredo e aí ese 1-4 inicial que obrigaba ao técnico local a solicitar o seu primeiro tempo morto. Parecía que os locais reaccionaban despois das instrucións do seu adestrador (4-5), pero o BM.Culleredo Sweepend pronto se encargaría de disipar calquera dúbida, volvendo demostrar o seu poderío defensivo para conseguir un 0-7 de parcial, que establecía no meridiano do primeiro tempo unha diferenza importante a favor dos visitantes (4-12). Cun resultado de 8-22 ao descanso, o partido estaba virtualmente visto para sentenza.
No segundo acto, non houbo sorpresas e a pesar do espírito competitivo que demostraron os mozos de Cangas, o BM.Culleredo sempre tivo o control do envite, ampliando a vantaxe co paso dos minutos para conseguir o seu segundo triunfo noutras tantas xornadas de liga.

Pizzería Baratto Luceros Cangas: 2(8+13). Uxío Vilariño, Asier Pereira (1), Abraham Martínez (6), Christian Ferradás (2), Rodrigo Colinas, Marcos Varela (4), Nicolás Graña, Mateo Hernández (1), Xabier Cordeiro, Aitor Costas (6), Darío Giráldez (1), Rubén Costas, Adrián Chapela.

BM. Culleredo Sweepend: 40 (22+18). Marco González (P), Hugo Díaz (P), Atalo Bello (7), Aarón Blanco (1), Iago Vázquez (3), Jaime Serrano (2), Adrián Veira (3), Iván Sánchez (4), Antón Pérez, Samuel Seijas (5), Josemi Martínez (5), Nicolás Casal (2), Alejo Martínez (6), Anxo Negreira (2).

Parciais cada 5´: 1-4 / 4-5 / 4-12 / 5-16 / 6-18 / 8-22 / Descanso / 10-26 / 12-28 / 16-32 / 18-35 / 20-38 / 21-40 / Final.

Colexiados: Ábel Juncal e Luis Fdez. Sen complicacións.

Incidencias: Segundo encontro da Liga Ouro na categoría cadete masculino. Partido disputado no Pavillón O Gatañal de Cangas con moito público nas bancadas, tanto siareiros locales como desprazados de Culleredo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *