Saltar ao contido

INESPERADO FINAL DE PARTIDO DO BAÍA EDICIÓNS

A pesares dun comezo espectacular cun parcial de 5-0, o Lalín non deu por perdido o partido e rexurdeu sen dar pé, a co Baia Edicións as alcanzase.

Os últimos minutos do primeiro tempo serviron as visitantes para tomar unha ventaxa de 7 goles e a segunda parte xa foi unha clara superioridade do Lalín.

As cullerdenses deixáronse a pel dende o minuto un, pero non era suficiente ante un equipo moi aguerrido en xogadoras con experiencia. O descanso o marcador (9-16) a prol do equipo visitante.

Un Lalín espectacular en defensa, que non deu ningunha opción o ataque do Culleredo en toda a segunda metade.

Na primeira parte o ataque de Culleredo atopouse moi cómodo con unas contras efectivas.

A porteira do equipo contrario tivo a culpa de parar unha gran porcentaxe dos lanzamentos claros do Baía Edicións. Na segunda metade, as de Lalín afinaron moito máis a puntería e axudadas pola defensa, puxeron terra de por medio chegando o final do encontro.

Un segundo partido difícil de encarrilar tralo plantel de xogadoras co que se presentaba, con varias lesións en proceso de recuperación, e procesos de enfermedades.

BM CULLEREDO BAIA EDICIÓNS 19 (9+10): Aroa Barbeito Casas, Marina Rodríguez Fernández (10), Carla Muiño Cancela (1), Aitana Tasende Domínguez (5), Aroa García Pena, Sofía Gerpe Insua, Noa Insua Gómez (1), Leire Barbeito Casas, Paula Peteiro Vázquez, Paula Vidal Rouco (3), Valentina Martinez Fiuza

Coreti Lalín 29 (16+13): Laura Cacheda Fernández, Cora Pereira Seda (2), Claudia Novoa Mariño, Lidia Sanda Álvarez (9), Martina Carral Ares (1), Aldara Ramos Toubes, Carla Fernández Alvarellos (6), Alba López Estévez, María Mariño Baca (1), Iria Sierra Pereira (10), Alicia Pose Vázquez, Amalia Taboada González

Parcial cada 5 minutos: 5-1/6-5/6-8/7-10/7-15/9-16 Descanso 11-19/12-22/15-25/18-27/20-28/20-29 Final

Colexiados: Pablo Manuel Barreiro Suarez e Francisco Jorge Leira Castiñeira. Excluiron dous minutos polo equipo local a Aitana Tasende, Noa Insua e Leire Barbeito e polo equipo visitante a Lidia Sanda, Carla Fernández e Iria Sierra

Incidencias: 2ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal Casa Do Deporte Lugo. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - BALONMÁN MOAÑA 43-25

B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO - BALONMANO PORRIÑO "B" 18-43

BM CASELAS - AACLINIC BM PABELLÓN 37-29

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *