Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO MANTEN A SÚA CONDICIÓN DE INVICTO

O BM.Culleredo segue o ronsel do éxito, despois de sumar dous novos puntos na sempre difícil pista do ATL. Novás. De calquera forma, non foi un partido sinxelo, debido especialmente a un comezo accidentado e a unha primeira parte errática.

Comezaron os cullerdenses sumando unha serie de defensas exitosas, pero por contra, non eran capaces de materializar as recuperacións na portería contraria. Os múltiples erros ante o gardameta local daban unha segunda opción aos rosaleiros e estes non desaproveitaban tal oportunidade. Así foi que o partido se paseaba por uns minutos de absoluta igualdade, xusto cando o ambiente se conxelaba no conxunto de Culleredo debido ás lesións de Marcos e Diego, case de forma consecutiva. O primeiro con fractura nasal e o segundo, cunha lesión de xeonllo aínda por concretar, xa non serían capaces de participar no envite. Foron minutos difíciles, onde o BM.Culleredo non atopaba nin o ritmo nin as boas sensacións que debía no xogo. A pesar de todo, os bravos xogadores do Culle resistirían con uñas e dentes para dominar pola mínima no tempo de descanso (13-14).

A saída ao segundo acto foi clave no devir do encontro. Cun parcial de 1-4, o BM.Culleredo establecía unha cómoda diferenza de catro goles (14-18) que obrigaba ao técnico local a solicitar o primeiro tempo morto da segunda parte. Conseguiron os locais reducir distancias no meridiano deste tempo (20-22), pero os de Culleredo non perderían a calma nin a concentración e darían un último arreón para acabar dominando por unha diferenza de sete goles que lles mantén invictos no máis alto da táboa clasificatoria.

ATL Novás: 24 (13+11). Martín Lomba (3), Rubén López (3), Roberto Calvo, Pablo Alonso (2), Oscar González (1), Diego Bento, Adrián Carrera (1), Jorge González (1), Alejandro López (1), Martín Giráldez (2), Yasir Martínez (9), Breixo Domínguez, Borja Rodríguez, Damián Álvarez (1).

BM. Culleredo : 31 (14+17). Oscar Bello (P), Jorge López (P), Alberto Catoira (1), ,Martín ínsua (1), Carlos Costa (3), Miguel Casal (5), Marco García (1), Marcos Vázquez (2), Daniel De Salvador (1), Álvaro Fdez (2), Iago Ferreiro (2), Juanchi, Diego Gago, Mario Crecente (7), Darío Pérez (6), Adrián Rodríguez.

Parciais cada 5´: 2-2 / 5-6 / 7-8 / 9-11 / 11-12 / 13-14 / Descanso / 14-18 / 16-20 / 20-22 / 21-24 / 22-28 / 24-31 / Final.

Colexiado: Julio Villanueva e Oscar Fdez.

Incidencias: Xornada nº 4 na primeira autonómica en categoría senior masculino. Encontro disputado no municipal do Rosal con cincoenta siareiros locáis nas bancadas..

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *