Saltar ao contido

O FISIOTERAPIA BENESTAR CONSEGUE GAÑAR NA SÚA PRIMEIRA XORNADA

Nun partido moi disputado dende o princio o fin, O Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar, estréase no casileiro de victorias.

Na mañá do sábado, cunha gran entrada de afeccioados no Pavillón de Almeiras, o Fisioterapia Benestar iniciou a súa andadura da Liga de Prata fronte o equipo do Coreti Lalín.

As rapazas plantaban cara a un Lalín que non poñía as cousas fáciles.

O encontro tivo un ritmo irregular. Chegábase o descanso (15-12) a prol das cullerdenses.

Quizáis o ritmo do inicio do encontró, propiciou grandes ocasións e perdas por ámbolos dous equipos de cara a portería, sen olvidarnos tamén, do mérito das porteiras do equipo local que estiveron a un gran nivel.

Na segunda metade, de inicio, as lalinenses sorpenderon as de Culleredo cun parcial dun 6-2 o cal propiciou que se pedira un tempo morto, tralo cal, volveron a meterse no encontro e así, nos últimos dez minutos, ser capaces de empalo encontro e poñerse por diante cunha mínima ventaxa válida ata o final do encontro.

As cadetes loitaron moito pero, pouco a pouco as visitantes foron reducindo  ventaxa ata empatalo encontro aproveitando unha baixada física do equipo local.

Moi ben as rapazas do Fisioterapia Benestar que diron a cara e non baixaron os brazos en ningún momento ante un equipo con gran tradicción no balonmán galego.

Unha importante victoria, xa que esta primeira fase é só a partido dunha volta e os puntos van a ser necesarios.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 25 (15+10): Aroa García Pena, Carla Muiño Cancela (2), Carla Corral Quian (2), Aroa Barbeito Casas, Lúa Fernández Núñez (1), Aitana Fernández Marzoa, Leire Barbeito Casas (3), Paula Peteiro Vázquez (3) Antia Ferreño Fernández, Valentina Martínez Fiuza (4), Irene Rodríguez Fernández (10), Sara Fraga Fraga, Lucía Cortegoso Rey

Coreti Lalín 24 (12+12): Marta Silva Plaza, Carmen Taboada Batan (1), Nerea Rodríguez Iglesias (4), Mariela Villamayor Pereiro, Nadia Pérez Troitiño (7), Laura Jiménez Crespo, Carla Couso Patiño (1), Xiana Pereira Gaiteiro (2), Cristina Rodríguez Aller (5), Xiana Corredoira Otero, Marta Montoto Alonso (1), Natalia Torres Crespo, Natalia Paz Hoyos, María Villamarin Silva (3), Elba Couso Patiño

Parcial cada 5 minutos: 3-2/5-4/7-6/10-10/12-11/15-12 Descanso 15-15/17-18/17-21/22-22/24-23/25-24 Final

Colexiados:. Pablo Barreiro Suarez e Francisco Jorge Leira Castiñeira. Excluiron dous minutos a Carla Muiño polo equipo local e a Nadia Perez Troitiño e Elba Couso Patiño polo equipo visitante.

Incidencias: 1ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 50 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

BM. BRIGANTIUM NUNEGAL - A RETORAL BM MOAÑA 13-25

ASMUBAL MEAÑO - OS DO COUTO BM CAÑIZA 22-24

BM AROUSA - BALONMANO PORRIÑO "B" 16-27

PORTALTEC BM CASELAS - COOLSPORT BM PABELLÓN 20-27

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *