
Nova xornada de balonmán para os nosos equipos, donde teremos partidos de alta intensidade en todas as categorías. Destacalo debut en liga esta semana das rapazas cadetes, que dan comezo á Liga de Prata fronte ao complicado Coreti Lalín.
(IF) ATLÁNTICO BM VS BM CULLEREDO SUTENOR
As rapazas do Sutenor afrontarán a súa segunda xornada de competición ligueira tras un bo comezo. A pesares do resultado, na anterior xornada víronse moitos aspectos positivos e brotes verdes neste equipo, que terá unha nova oportunidade de volver a competir fronte ás rapazas do Atlántico.
(IF) SAR RODAVIGO VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA
As nosas infantis enfrontaanse de novo contra a Sar de Redondela, un equipo moi forte que xa obtuvo una victoria fronte as nosas no Play Off. Agora as nosas quieren demostrar a sua mellora e conseguir un bó resultado .
Forza Culle. B
(IM) BM ABEGONDO TODO DEPORTE VS BM CULLEREDO CLIMANOSA
Desprazaranse os rapaces do Climanosa para afrontala 2° xornada ligueira fronte aos veciños do Abegondo, donde buscarán continuar co traballo ben feito na segunda parte da primeira xornada. Tras un inicio algo irregular, toca asentar as ideas, subir a intensidade e seguir dando pasos ao frente como equipo.
(IM) BRUNO THE ROCK BARBER’S BM CANGAS VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA
Os nos infantís viaxan a Cangas, prométese un gran partido, onde os de Cangas non regalarán os dous puntos na súa casa. Mentres o Culle buscará a primera victoria fóra da casa.
(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS CORETI LALÍN
Arranca a competición da Liga Prata Categoría Cadete Femenino.
Logo duns play off por acadar unha posición para xogar na Liga Ouro e verse mermado o soño, o equipo de Fisioterapia Benestar, loitará por estar nos postos altos da táboa esta tempada. Os primeiros puntos en xogo, sairán do encontro que terá lugar o sábado 29 as 12:00 no Pavillón Municipal De Almeiras fronte o Coreti Lalín.
(CM) BM CULLEREDO REMAX RIAZOR VS BM CAMARIÑAS
Os nosos cadetes buscarán redimirse da primera xornada onde deixaron escapar 2 puntos nun partido que se escapou nos minutos finais.
Nesta ocasión buscarán a primera victoria da tempada en Almeiras.
(CM) BM RIBADOSAR VS BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING
Este grupo cadete de liga prata afrontará o segundo partido desta liga, coa convicción de que eses dous puntos queden en culle. Logo de perder ante o atlántico na casa, nun partido que deixóu mal sabor de boca, os nosos irán a por todas nesta segunda xornada e sen dúbida amosarán a actitude e as gañas necesarias para gañar este encontro.
(CM) PIZZERÍA BARATTO BM. CANGAS VS BM.CULLEREDO SWEEPEND
O BM.Culleredo Sweepend, desprazarase na tarde do Domingo á zona de O Morrazo para enfrontarse ó Pizzería Baratto BM.Cangas. Os cullerdenses, despois do seu inicio incontestable na primeira xornada de liga, viaxan ca intención de sumar dous novos puntos nunha das pistas con máis soleira de Galicia, pero para iso terán que realizar un partido moi serio e cunha alta regularidade ao longo dos sesenta minutos. O conxunto de Culleredo está centrado en fortalecer e mellorar as súas prestacións a partir do apartado defensivo, parcela imprescindible para competir cos mellores conxuntos dá categoría. O encontro dará comezo ás 17:30h no pavillón de O Gatañal.
(XF) BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS VS CORETI LALÍN
Logo dunha primeira xornada chea de incógnitas , o Baía Edicións disputa esta fin de semana, o seu segundo encontro o sábado as 10:30 no Pavillon Municipal De Almeiras.
O equipo do culleredo pora en prácitca a corrección de algún dos erros do encontro anterior, de seguro ,fronte o seu rival o Coreti Lalín.
(XM) GALITRANS BM PONTEDEUME VS BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA
Este venres, os xuvenís de liga prata viaxarán a terras eumesas para conseguir a terceira victoria consecutiva da tempada. Logo de puntuar ante os de Santiago na casa, os nosos afrontan este encontro con moitas gañas de competición, no que seguro será un choque de nivel.
(XM) BALONMANO PORRIÑO VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES
O Culleredo Despreocupate.es afrontará esta semana unha das xornadas máis complicadas desta Liga Ouro xuvenil masculina, ao render visita á cancha do BM Porriño, a priori, un dos máximos candidatos a loitar polo título e actual lider da clasificación. Os nosos, logo de facer un bo encontro na xornada precedente, no que empezaron a mostrar o estilo propio, e o modelo de xogo no que estamos a traballar, afrontan este dificil reto coa ilusión de traer para Culleredo uns puntos que serían moi valiosos.
(SM) ATLÉTICO NOVÁS VS BM CULLEREDO
O BM.Culleredo desprazarase este sábado ó Rosal, no que será a súa viaxe máis afastada dentro da primeira autonómica. O encontro reviste unha gran dificultade, xa que falamos dun conxunto local que demostra sempre un excelente carácter competitivo unido á calidade e mocidade do seu cadro de persoal. Ademais, a súa fantástica e fiel afección, é un dos baluartes que leva ao equipo a dar un plus cando actúa como local. No entanto, o BM.Culleredo non quere renunciar a sumar dous novos puntos e continuar unha semana máis como equipo invicto e o obxectivo co que se desprazan a terras rosaleiras, é ambicioso. Para conseguir esta xesta, os de Culleredo deberán de continuar crecendo na súa retagarda, facendo do seu sistema defensivo o bastión onde se fragüen as vitorias e que posibilite a velocidade e o dinamismo no contraataque. O equipo non debe de caer en aspectos individuais no posicional, a paciencia e o xogo combinativo, serán esenciais ante a fortaleza da 6:0 local. O encontró dará comenzó as 16:00h no municipal do Rosal.
