Saltar ao contido

O CM Galaico Caravaning cede dous puntos na casa.

Na tarde do sábado pasado, o noso grupo cadete de liga prata, o 'Galaico Caravaning', recibía en Almeiras, aos veciños de Oleiros, Balonmán Atlántico, na primera xornada desta liga.

O encontro comezaba de cara para os de Oleiros, que eran capaces de encaixarnos un parcial de 10-3 en tan so nos primeiros dez minutos. Os nosos comezaban máis fríos e dubitativos, non eran quen de entrar no partido cometendo os erros típicos de inicio de tempada. O noso ritmo competitivo non era quen de frear as envestidas do rival, e o noso ataque era pouco fluido e con moitas perdas de balón.

Ao comezo do segundo tempo, e coas pilas cargadas, os nosos saían convencidos de darlle a volta ao electrónico. Cunha defensa moito máis profunda e máis activa de pernas, provocábamos erros na ofensiva rival, e así puidemos explotar o noso xogo de transicións rápidas á porteria contraria, concluíndo con gran porcentaxe. O noso ataque posicional nesta segunda metade, foi moito máis organizado e paciente, conseguindo chegar sempra ás segundas liñas, amosando así o adestrado ata agora. Todo este esforzo non foi suficiente para adiantar ao rival no marcador final, malia iso, a segunda metade foi dominada polos cullerdenses.

Derrota que nos deixa a mel nos labios para o seguinte finde, onde os nosos loitaran de novo por deixar en culle os primeiros dous puntos. Noraboa polo esforzo a este gran grupo de cadetes que se estrearon en liga este finde, o que ven, máis!!!! Imos!!!! FORZACULLE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

BmCulleredo GalaicoCaravaning 30-39 BmAtlántico

GOLES:

Culleredo: Hugo Díaz (p), Roi Mourón (p), Mateo Pérez, Xoan Bello 1, Felix Noya 1, Hugo Rodríguez 5, Gael 1, Jairo 2, Mateo Negreira 1, Tajes, Teo 2, Anxo Negreira 5, Jaime 6, Roi, Nico Diaz 1.

Atlántico: Adrián Río 11, Martín Vinagre 5, Pablo Castiñeira 5, Mateo Martínez 5, Roi Fdez 3, MiguelÁngel Fdez 3, Diego Abades 2, Diego Lema 2.

PARCIÁIS CADA 5':

1-4/ 3-10/ 8-13/ 9-17/ 11-20/ 12-24/ desc./ 16-26/ 17-29/ 22-30/ 25-31/ 27-34/ 30-29/ fin.

ARBITRAXE:

Renzo Martín e Enrique Folgoso

INCIDENCIAS:

Primeria xornada da liga prata desputada no municipal de Almeiras con gran entrada de espectadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *