Saltar ao contido

O XM ÓpticaGallaecia suma dous novos puntos na casa!

O pasado sábado o noso grupo xuvenil masculino de liga prata, recibía no municipal de Almeiras aos santiagueses do Balonmán Ribadosar, na segunda xornada desta liga.

Os nosos encaraban o encontro coa convicción de que esos dous puntos que estaban en xogo, quedasen en culleredo, así poder seguir sumando e poñernos nos postos altos da clasificación.

Na primeira metade, os nosos dominaban o encontro con rendas de ata tres tantos a favor, pero non éramos quen de facer brecha no electrónico e alonxarnos do rival. Non fumos capaces de facer un bo xogo combinativo, xerando cuantiosas perdas no ataque, malia iso, a nosa defensa mantíñase seria e con solvencia, poñendo en apretos o ataque rival. Os Santiagueses non ían poñelas cousas sinxelas, chegando a adiantarnos no marcador. Foi nos últimos 5 minutos desta primeira metade que fumos capaces de facer tres boas accións defensivas e asi poder facerlles un parcial de 6-1.

Comezamos a segunda metade coas ideas máis claras e con gañas de sentenciar o encontro, facendo efectiva a disuasión defensiva que necesitabamos para cortar a circulación de balón e recuperando balóns que remataban en transicións rápidas á porteria rival. Así fomos capaces de ir madurando o envite e chegar aos sesenta minutos fináis dous tantos a favor.

Aínda que non foi o millor partido para este grupo, o caracter competitivo marcou a dirección do encontro, clave para que eses dous puntos quedasen na casa. Noraboa rapaces!!!!

FORZA CULLE!!!!!!!!!!!4

BmCulleredo ÓpticaGallaecia 31-29 BmRibadosar

GOLES:

Culle: Pablo Fariña 1, Javi Ansede(p), Iago Vázquez 3, Antón Pérez 4, Nico Vázquez 2, Álvaro Siso 3, Adri Pestonit 1, JuanFran 3, Juanma (p), Xoel Insua, Lucas Sánchez 8, Diego Sala 6.

Ribadosar: Marcos Benlliure, Miguel Cepeda, Jesus Ricoy 12, Xenxo Gonta 7, Abraham Álvarez 7, Dawit Álvarez, Pedro Sarrapio 2, Pablo Romero 1, Alejandro Hermida, Alex Graña, Guillermo Meizoso, Iago Patrón.

PARCIÁIS CADA 5':

4-1/ 6-4/ 9-6/ 9-9/ 11-13/ 17-14/ desc./ 22-14/ 23-15/ 23-18/ 25-22/ 27-25/ 31-29/ final.

ARBITRAXE:

Renzo Martín e Iván Hernández

INCIDENCIAS:

Segunda xornada da liga prata desputada no munipal de Almeiras con boa entrada de público.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *