Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO RUBRICA UNHA NUEVA VITORIA NUNHA GRAN SEGUNDA PARTE

Continúa o BM.Culleredo sumando os seus partidos por vitorias neste inicio ligueiro e por tanto, invicto neste tres xornadas disputadas.
Esta pasada fin de semana, visitaba o municipal de Tarrío os Granitos Ibéricos Carballal, un conxunto cunha cara totalmente nova, competitivo ,serio e non exento de calidade nas súas filas. Xa presentara batalla ante os cullerdenses en datas recentes, esa vez na competición de Copa Federación e chegaba coa vitola de conxunto que a semana pasada derrotaba ao BM.Porriño, subcampión da pasada liga.
Estas credenciais puidéronse ver desde os primeiros minutos no parquet de Culleredo, cun equipo combativo, que comezaba a facer dano con lanzamentos da súa primeira liña á defensa 6:0 dos locais. As diferenzas no groso do primeiro tempo, non foron máis que dun gol para un ou outro equipo e houbo que entrar nos últimos cinco minutos para que o BM.Culleredo, con tres defensas exitosas consecutivas, finalizasen o primeiro acto coa maior renda conseguida ata o momento (15-12).
Na continuación e como era previsible, os olívicos saíron de novo a por todas co obxectivo de que non se lles escapase o partido, conseguindo en 5´, reducir de novo as diferencias á mínima expresión (16-15). A reacción do equipo de Culleredo non puido ser mellor, que aproveitando unha superioridade numérica e establecendo unha defensa presionante sobre o central do conxunto de Vigo, lograría un 4-0 de parcial que ao cabo sería definitivo (20-15). A partir desta situación e cunha defensa 5:1 na zona do xogador visitante Roi Gallego, o BM.Culleredo terminaba por romper o partido e, con iso, conseguir unha nova vitoria que lles mantén invictos e no máis alto da táboa clasificatoria.

BM. Culleredo : 32 (15+17). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Cristian Vigo (p), Martín ínsua (3), Alberto Catoira (2), Carlos Costa (1), Miguel Casal (4), Marco García (1), Marcos Vázquez (5), Daniel De Salvador (3), Álvaro Fdez (2), Juanchi (2), Diego Gago (2), Nuno Loxo, Mario Crecente (4), Adrián Rodríguez (3).

Granitos ibéricos Carballal: 23 (12+11). José Gregores, David Fdez, Pablo López (4), Iago García (4), Pedro Abad (3), Pedro Pérez (4), Rodrigo Mariño (2), José Antonio Ballesteros, Lois Castro, Antonio Ramón Mariño (3), Roi Gallego (1), Blas Cabaleiro, Iván Puentes (1), Javier Zambrana (1).

Parciais cada 5´: 4-3 / 5-5 / 8-8 / 9-10 / 13-11 / 15-12 / Descanso / 16-15 / 20-15 / 24-17 / 26-18 / 28-20 / 32-23 / Final.

Colexiado: Henrique Folgoso e Iván Hernández.

Incidencias: Terceiro encontro da 1º autonómica en categoría senior masculino, disputado nun municipal de Tarrío con boa entrada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *