Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, COMEZA A LIGA OURO CUNHA VITORIA

O BM.Culleredo Sweepend, comezou a competición ligueira de forma inmellorable, sumando os primeiros dous puntos e mostrando unha superioridade manifesta ante o seu rival. A SAR de Redondela, non puido facer nada ante o ritmo e o dominio en todas as fases do xogo dos cullerdenses e o partido xa estaba finiquitado ao termo dos primeiros trinta minutos cun amplo parcial a favor dos locais (26-10).
A segunda parte transcorreu polos mesmos camiños e os algarismos foron aumentando paulatinamente a favor do BM.Sweepend. O conxunto de Culleredo, que rotou e moito a todos os seus xogadores, non puido ter unha mellor posta en escena, concretando finalmente unha importante vitoria para comezar o campionato por un resultado que non deixa lugar a dúbidas sobre a superioridade no xogo (45-19).

BM. Culleredo Sweepend: 45 (26 + 19). Marco González (P), Hugo Díaz (p), Hugo Rodríguez (3), Aarón Blanco (2), Atalo Bello (1), Roi Fdez (2), Adrián Veira (3), Iván Sánchez (9), Antón Pérez (1), Samuel Seijas (6), Josemi Martínez (9), Nicolás Casal (2), Alejo Martínez (6), Anxo Negreira (1).

SAR: 19 (10 + 9). Miguel Vidal (1), Anxo Figueroa, Javier Ponte (1), Adolfo Fdez (3), Pedro Ferreras, Guillermo Murillo (6), Román Lago (2), Michael Iglesias (2), Nextor Peixoto, José Luis Amoedo (1), Manuel Vilas (2), Breogán Faginas, Guillermo Cal (1).

Colexiados: Pablo Torreiro e Lujcas Sánchez.

Incidencias: Primeiro encontro da Liga Ouro na categoría cadete masculino, disputado no municipal de Almeiras cas bancadas cheas de siareiros e bo ambiente de balonmán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *