Saltar ao contido

COMEZO DE LIGA PARA O BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

O regreso do Bm Culleredo Baía Edicións despois de case 5 meses dende a súa última competición, non resultou feliz. Un equipo coma o Lucense, puxo en apuros as cullerdenses. Unha derrota que reclama unha resposta o próximo fin de semana na casa fronte o Lalín.

Todo funcionou á perfección no equipo Lucense, que firmou máis dun 85% de acerto e que incluso estropeou levemente nos últimos 6 minutos do encontro.

O inicio do encontro, mostrou o partido que, en principio, presumiase igualado e non foi así.

Un arranque en crecemento por parte do Lucense con ampla ventaxa e cunha porteira coma protagonista. A ventaxa lucense deu paso a unha defensa intensa, ben amparada dende a portería, para lograr un parcial de 5-1 a prol do equipo locatorio, que abreu a brecha no marchador ante a inexistente aportación defensiva e ofensiva do seu rival.

Pero a 9 minutos para o descanso, non estaba todo decantado.

Na segunda parte as locais mostraron a súa versión máis insaciable, e a renta medraba e mermaba cuns minutos de intercambio de goles.

A pesar do resultado do sábado 22-19, o conxunto de Lucía Vilariño non se relaxou e intentaba recortala distancia empatando por dúas ocasións o encontro.

O Lucense aproveitou para ensaiar diferentes sistemas e repartir minutos entre as súas xogadoras.

Un Lucense con capacidade de definición próxima os 9m. Bastáballe cunha finta, con accións individuais, cun pase, cunha xogada de golpe franco, cunha situación de lanzamento ou cunha superioriedade.

A defensa do Culleredo ,deixou moito que desexar durante gran parte do encontro. A pesar dese déficit, conseguiu chegalo final do primeiro tempo so cun gol de desvantaxa (8-7).

O culleredo, únicamente fisoxe respetar nos primeiros cinco minutos do comezo da segunda metade onde eran capaces de empatalo encontro e na recta final acortando distancia cun cambio de sistema defensivo.

MILLAVEN CENTRO JARDIN CP LUCENSE 22 (8+14): Carlota Rielo Barrio (3), Sabela Campo Moncada, Iria Ruiz Romero (1), Carla Ferreiro Fernández, Ainhoa García Rodríguez (4), Nahomy Eunice Argueta Gonzales (6), Sheila Vázquez Rodríguez, Jennifer Soto Romaris, Eyram Sefenu Varela (4), Iria María Amedo López (1), Adriana Fernández Pazo (3), Anne Ziyan Saavedra Otero, Carlota Vilanova Cabana, Mara Lorenzo Vázquez, Uxía Pérez Fernández

BM CULLEREDO BAIA EDICIÓNS 19 (7+12): Aroa Barbeito Casas, Carla Bello López (4), Marina Rodríguez Fernández, Carla Muiño Cancela (2), Aitana Tasende Domínguez (4), Aroa García Pena, María Bescansa Alcoba (3), Sofía Gerpe Insua (1), Noa Insua Gómez (1), Leire Barbeito Casas (1), Paula Peteiro Vázquez, Paula Vidal Rouco (3)

Parcial cada 5 minutos: 3-0/3-0/5-1/6-2/7-4/8-7 Descanso 9-9/11-10/15-13/16-14/18-15/22-19 Final

Colexiados:. Raquel Martínez Pita e Alfonso Canitrot Gómez. Excluiron dous minutos a Carla Bello, Sofía Gerpe e Noa Insua polo equipo visitante e a Sheila Vázquez, Eyram Sefenu, Adriana Fernández, Anne e Ziyan polo equipo local.

Tamén mostraron cartuliña amarela a Aitana Tasende polo equipo visitante e a Sabela Campo polo equipo locatorio.

Incidencias: 1ª Xornada da Liga de Prata, celebrada no Pavillón Municipal Casa Do Deporte Lugo. Con 40 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

CORETI LALÍN - BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 29-27

BALONMANO PORRIÑO "B" - ASMUBAL MEAÑO 28-27

AACLINIC BM PABELLÓN - B.M.AROUSA JUVENIL FEMENINO 28-20

BALONMÁN MOAÑA - BM CASELAS 27-31

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *