Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Dan comezo esta semana a maior parte das competición de infantís, cadetes e xuvenís, co que se ven unha fin de semana intensa e cargada de bo balonmán, con ata 8 partidos oficiais en Culleredo! Se queres ver bo balonmán presta atención, que a continuación presentámosche o menú desta nova xornada:

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS PUNTA DEL ESTE XIRIA “B”

Comeza a competición oficial para as nenas do Bm Culleredo Sutenor. As nosas nenas terán este domingo ás 11:30 en Almeiras o seu debut na Liga Prata infantil feminina, tendo como rival ás rapazas do Xiria. Afrontan as nosas este partido con moita ilusión e con ganas de amosar todo o traballado dende que o 1 de agosto comezasen a que para a maioría é a primeira tempada como infantís.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS TECNOSAT BM CANGAS

As nosas infantís debutan este sábado na Liga Ouro, en fronte terá un dos rivais máis potentes da categoría: o Cangas, un equipo ao que xa se enfrontaron as nosas infantís no Play Off. Agora toca mellorar o resultado obtido nese Play Off e poder ter boas sensacións tras finalizar o encontro.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS COLEGIO LICEO LA PAZ

Despois do traballo realizado dende o 1 de agosto nos adestramentos e os partidos amistosos, chégalle ao Climanosa a hora de levar este traballo a un partido oficial. Este domingo ás 10:00 en Almeiras enfrontaranse aos nenos do Liceo La Paz, un equipo que nos porá moi difícil o noso debut e contra o que non podemos relaxarnos se queremos ter posibilidades de quedarnos cos 2 puntos. A estos nenos de 1° ano que forman o Climanosa tócalles loitar e dalo mellor de cada un para que este debut oficial como infantís poida ser un éxito!

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS SAR

Comenza o campionato regular para os infantís, que xogan o seu primeiro partido ligueiro en Almeiras. A priori o encontro estará moi igualadado pero os nosos non queren deixar escapar os primeiros 2 puntos da liga e sobre todo na casa.

(CM) BM CULLEREDO GALAICO CARAVANNING VS CLUB BALONMANO ATLÁNTICO

Primeiro encontro da Liga Prata para este grupo de cadetes que logo de meses sen competición encaran este encontro con moitas ganas e ilusión. Tentarán dar un golpe sobre a mesa e conseguir que os dous puntos queden en Culle. Imos rapaces!

(CM) GRUPO LEMAXO XIRIA “B” VS BM CULLEREDO REMAX RIAZOR

Comeza o campeonato ligueiro para os nosos cadetes do Remax Riazor cun derbi provincial contra o Xiria de Carballo. Prométese un partido igualado e emocionante, donde calquera dos equipos poderá levarse os 2 puntos que están en xogo nesta primeira xornada da Liga Prata.

(CM) BM CULLEREDO SWEEPEND VS SAR

Despois da brillante clasificación conseguida a pasada fin de semana polo BM.Culleredo Sweepend para disputar a liga Ouro, este próximo sábado, o inicio da competición depara un enfrontamento en Almeiras entre os cullerdenses e a SAR de Redondela. Os locais, que recuperan ao lesionado Samuel, desexan comezar con bo pé e para iso terán que mostrar a súa mellor cara. O obxectivo son os dous puntos ante un conxunto que non poñerá as cousas fáciles. O encontro dará comezo ás 11:30 no municipal de Almeiras.

(XF) MILLAVÉN CENTRO JARDÍN CP LUCENSE VS BM CULLEREDO BAÍA EDICIÓNS

Lucense contra Baía Edicións vai a selo encontro co que se dará o pistoletazo de saida a Liga De Prata Xuvenil Femenino.

O equipo do Balonmán Culleredo Baia Edicións, desprazarase na tarde do sábado a terras lucenses a disputalo seu primeiro partido de liga, no Pavillón Municipal Casa do Deporte de Lugo as 16:15.

As rapazas loitarán por conseguilos seus primeiros puntos fora da casa, que tan importantes van a ser este ano.

(XM) BM CULLEREDO ÓPTICA GALLAECIA VS BM RIBADOSAR

Segunda xornada da Liga Prata para os nosos xuvenís que logo de gañar en Carballo a pasada xornada, tentarán seguir na senda da vitoria e continuar coas boas sensacións. Gran grupo de rapaces que teñen moito que amosar!

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS ATLÉTICO NOVÁS

O Culleredo despreocupate.es busca a súa primeira vitoria en liga

Logo de arrancar a liga nunha das pistas máis complicadas, a do Cisne, e de non facer un bo partido fronte ao OAR na segunda xornada, o noso equipo xuvenil de Liga Ouro volve xogar na casa onde buscará os dous primeiros puntos desta competición oficial, recibindo ao Atlético Novás.

O noso equipo, que dispón dun gran potencial pero que aínda ten que conxuntar aos seus xogadores, intentará non deixar escapar máis oportunidades para puntuar nunha liga tan dura como esta. Será o domingo ás 18:30h no Pavillón de Almeiras.

(SM) BM CULLEREDO VS GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL

Desexa o BM.Culleredo continuar coa súa marcha triunfal neste inicio de liga e para iso deberá de mellorar o xogo da semana pasada ante o Poio Artai. Visita o municipal de Tarrío o Granitos Ibéricos Carballal (Sabado 20:00h) cunha carta de presentación envexable, xa que foron capaces de derrotar ao BM.Porriño o pasado fin de semana, subcampión da competición o pasado ano e un dos claros favoritos a este liga 2022/23. A pesar de seguir contando con baixas importantes, o BM.Culleredo debe de recobrar a súa fortaleza defensiva e, sobre todo, a regularidade nas diferentes fases do xogo. Os dous puntos en xogo son vitais para continuar nos postos altos da clasificación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *