Saltar ao contido

AS “RAPAZAS DE OURO” DO BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR, SALIRÁN A COMPETIR EN LIGA DE PRATA

O equipo Cadete Femenino do Culleredo ,escápaselle o poder competir na Liga Ouro coma na tempada anterior.

O Fisioterapia Benestar desprazábase a Redondela a disputalo play off no que os dous primeiros equipos do grupo, pasaban directamente a formar parte da Ligade Ouro.

A primeira cita importante da tempada tiña lugar esta fin de semana, onde se ían a medir contra equipos de máis ou menos a mesma calidade individual e colectiva.

As rapazas do Culleredo non poideron nin co Chapela (21-12), nin co anfitrion Sar (38-11) pero si que empataba coa Cañiza (17-17) e así arrancar un punto. O equipo custoulle tómalo mando e en todolos partidos foi indo por detrás do marcadores.

Pero o paso dos minutos traían unha boa versión das cullerenses que crecían en partes dos partidos acortando distancias pero ,as forzas e o tempo quedaban escasos para alzarse coas victorias.

A victoria resistiuselles durante a fin de semana.

Poderiase resumir nunha fin de semana de idas e venidas. Toda unha experiencia que serve para seguir sumando a un equipo nunha época de crecemento.

As pupilas de Lucía Vilariño pelexarán por acadalos postos altos da Liga de Prata ,na tempada 22/23. Nuns días coñecerá os seus contrincantes e distribución da competición.

Participaron neste play off:

Aroa Garcia Pena, Carla Muiño Cancela , Carla Corral Quian , Marc Barbeito Casas , Maria Bescansa Alcoba , Lúa Fernández Nuñez, Aitana Fernandez Marzoa, Leire Barbeito Casas , Paula Peteiro Vazquez , Antia Ferreño Fernandez , Valentina Martinez Fiuza, Irene Rodriguez Fernandez , Sara Fraga Fraga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *