Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Esta xornada ven cargadiña de bo balonmán, coa desputa dos derradeiros Play Off da tempada, os cadetes tanto masculino como feminino. Ademáis dos importantes Play Off, os nosos senior afrontan un complicado desprazamento e os/as máis pequenos/as do clube disfrutarán dunha nova xornada de minibalonmán en Arteixo.

(CF) PLAY OFF BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

(CM) PLAY OFF BM CULLEREDO SWEEPEND

Esta fin de semana, o BM.Culleredo Sweepend afronta unha cita crucial para os seus intereses. Os Play-Off que decidirán que conxunto competirá está tempada na liga Ouro, celebraranse no pavillón de Tarrío de Venres a Domingo, coa S.D Teucro Voz y Sonido Producciones, o Embutidos Lalinense e o Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Termal como acompañantes dos cullerdenses. A pesar de contar con dúas baixas importantes nas súas filas, o BM.Culleredo Sweepend apela ao seu potencial e ao seu extenso persoal para realizar un bo Play-Off e conseguir o primeiro posto do grupo que lle outorgue o pase a esa Liga Ouro.

Os encontros dos nosos, disputaránse nos seguintes días e horarios:

  • Venres 14 as 19:00h: BM.Culleredo Sweepend vs S.D Teucro Voz y Sonido Producciones.
  • Sábado 15 as 13:00h: BM.Culleredo Sweepend vs Embutidos Lalinense.
  • Domingo as 13:00h: BM.Culleredo Sweepend vs Carnes Do Ribeiro Ourense Provincia Termal.

(SM) POIO ARTAI VS BM CULLEREDO

Despois da gran vitoria da fin de semana pasada no inicio da  competición ante o Magope Seis Do Nadal, o BM.Culleredo visita a outro dos aspirantes aos postos altos da táboa clasificatoria, o Poio Artai. Será outro partido no que os cullerdenses non poderán baixar en ningún momento a garda e no que a regularidade ao longo dos sesenta minutos, semella vital para levar os dous puntos en xogo. O BM.Culleredo sabe que debe de realizar un encontro onde a retagarda funcione de forma sobresainte e onde impoña o ritmo de xogo que máis lle interese. O encontró disputarase no Pavillón A Seca o sábado ás 18:15.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *