Saltar ao contido

O ÓPTICA GALLAECIA, AMOSA A CARTA DE PRESENTACIÓN EN CARBALLO.

O noso xuvenil de liga prata, 'Óptica Gallaecia', desprazábase a Carballo a tarde do martes a desputar o primeiro encontro ligueiro da liga prata ante os carballeses do Xiria.

A priori un partido compricado para os nosos rapaces que debutaban por primeira vez en competición oficial, o cal foron quen de levalo sen nervos e con moitas gañas de competilo. Na primeira metade, o partido estivo moi igualado, onde se viron os erros típicos de inicio de temporada en ambos bandos. Os nosos moi fortes en defensa dende o inicio, poñían as cousas dificiles os de Carballo, provocándolles sendas perdas de balón e como consecuencia goles rápidos en transición cara a portería contraria. Pero iso non ía ser suficiente para adelantar ó rival no electrónico. Os cullerdenses chegaban así empatado a segunda parte.

Non fomos quen de adiantar ós carballeses ata o minuto dez desta segunda metade, onde os nosos tiraron de raza e pundonor e con tres boas accións grupais defensivas, conseguían recuperar balón e rematar rápidamente e de forma ordenada na portería do rival facendo efectivos tres tantos de renda que nos serviron para meternos de cheo no encontro, mentres que os carballeses ían rematando cos seus últimos folgos. Así é todo, chegamos ao remate do partido cunha diferenza de catro goles moi merecida e traballada.

Gran comezo deste grupo de xuvenís que han amosado un gran xogo e unha gran actitude neste primer encontro ligueiro xunto co apoio dos cadetes Álvaro e Anxo, gran debut na categoría xuvenil.

Mención especial para o noso porteiro Javi, que pese a levar un gran balonazo na faciana, fixo unha actuación estelar, con paradas de moito merito claves para alzarnos coa victoria. Enorme capitán!

FORZA CULLE!!!!!

ALS Xiria B 27 - 31 Bm Culleredo Optica Gallaecia

Goles:

Xiria: Manuel Rey 6, Hugo García 6, Jose M. Negreira 5, Daniel Bello 4, Manuel Pérez 2, Pablo Suarez 2, Miguel Cambón 1.

Culleredo: Diego del Río 10, JuanFran 6, Nico 4, Fariña 3, Diego Sala 3, Lucas 5, Pestonit, Xoel, Anxo, Alvarito, Javi (p)

Parciáis cada 5':

4-4/ 5-6/ 6-7/ 8-9/ 11-11/ 13-13/ desc./ 14-16/ 16-19/ 20-23/ 22-25/ 25-28/ 27-31/ Final.

Arbitraxe:

Renzo Martínez e Iván Hernández

Incidencias:

Primer encontro ligueiro da liga prata desputado no Vila de Noia de Carballo con gran número de espectadores.

Video do encontro:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *