Saltar ao contido

O Nosolomadera é de liga Ouro

O Nosolomadera consegue ser campión do Play Off e consegue a praza para disputar un ano máis a división de Ouro do balonmán galego.

Esta finde semana disputabase o Play Off de ascenso a liga de Ouro , onde o Culleredo Nosolomadera mediase ao filial da Sociedade Deportiva Teucro e o filial do Xiria.

O vernes comenza o Play Off coa disputa do Nosolomadera- Teucro, onde o equipo cullerdense foi sempre superior colectivamente, xa dende o inicio se conseguia un parcial amplio que daba tranquilidade ao equipo local para poder seguir afrontando o partido . Unha tranquilidad que é moi importante xa que os nervos do principio nesta competición son moi traicioneros e hai que saber controlalos.

Xa no descanso o Culleredo Nosolomadera tiña unha ventaxa moi consolidada e na segunda o ritmo seguiu para ainda seguir ampliando a ventaxa e poder ter un golaverage moi amplio de cara o segundo partido do Play Off.

Finalizaba o encontro cunha superioridade clara do equipo cullerdense , 50-20 o resultado no electrónico. Agora a esperar o seguinte partido entre o Teucro e o Xiria de Carballo. , e o domingo o partido clave entre o equipo cullerdense e o equipo de Carballo.

O sábado o Xiria tamén foi moi superior o seu rival , conseguindo os 2 puntos e un golaverage que sería a clave para poder optar a opción na liga de Ouro.16-43 reflexaba o marcador o final do partido en Almeiras.

Xa o domingo as 12:00 o partido clave para formalizar a clasificación a liga de Ouro. O Nosolomadera afrontaba un reto máis este ano , e non defraudou xa que nos primeiros 10 minutos consegui despegarse do marcador cunha ventaxa de 5 goles e a ia aumentando ata os 12 goles o descanso. 24-12 no marcador.

Na segunda metade o equipo cullerdense apretaba no incio e conseguia aumentar a diferencia ainda máis grazas a interceptacións de balón e o xogo colectivo no ataque.

A medida que pasaban os minutos a diferencia seguia crecendo e finalizaba o partido cun 44- 28 que daba a clasificación primeiro ao Culleredo Nosolomadera , e por conseguinte ao Xiria por ser un dos mellores segundos clasificados.

Noraboa a este equipo infantil que segue a senda dos seus predecesores e consegue un ano máis e con esta é a sexta vez consecutiva en meter ao equipo infantil masculino na máxima categoria do balonmán base galego.

NORABOA E FORZA CULLE.

RESULTADOS:

Venres: BM Culleredo Nosolomadera50- S.D.Teucro 20

Sábado: E.M Xiria 43 -S.D Tecuro 16

Domingo: E.M Xiria 28- BM Culleredo Nosolomadera 44

Incidencias: Play Off da categoria infantil masculina disputada en Culleredo nos pabellóns municipais de Tarrio e Almeiras.

Colexiados presentes: André Pena, Iván Afonso, Martina Regueiro, Rubén Iglesias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *