Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Esta fin de semana comezamos a pechalas competicións clasificatorias da nosa base, coas rapazas infantís xogándose o derradeiro partido da fase e co equipo xuvenil desputando en Tarrío o Play Off que da acceso á Liga de Ouro. Á vez, os nosos equipos de prata de categoría infantil seguen a súa preparación de cara á competición oficial e os/as máis pequenos/as da familia cullerdense desprazaranse a Arteixo e Abegondo a competir e disfrutar do balonmán!

(IF) BM CULLEREDO SUTENOR VS BM ATLÁNTICO

O Bm Culleredo Sutenor afronta o que será o seu segundo partido na presente tempada, tralos avances e aspectos positivos vistos no primeiro encontro fronte ao Brigantium, desta vez buscarán seguir nesa boa liña fronte ao Bm Atlántico. De seguro que veremos o progreso deste grupo que está a esforzarse ao 100%.

(IF) SAR RODAVIGO VS BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA

As nosas infantís xogan a última xornada do seu grupo da fase previa de clasificación. Viaxan a Redondela para xogar contra a Sar. O Abogacia busca a primeira victoria da tempada xa que nos dous últimos partidos resistiuse ata o final. Esperemos que nesta ocasión as infantís poidan traer os dous puntos.

(IM) BM CULLEREDO CLIMANOSA VS BM ATLÁNTICO

Segundo compromiso desta semana para os rapaces do Climanosa e terceiro partido da presente tempada. Buscarán neste partido solucionar os erros defensivos anteriores e seguir mantendo o bo facer ofensivo a través do xogo sen balón e a velocidade, que serán craves para o desempeño ofensivo do equipo ao longo da tempada. O próximo rival será o Bm Atlántico este domingo en Almeiras.

(CF) MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS VS BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR

Logo do descanso desta fin de semana por mor das concentracións das seleccions galegas, retómase a competición da Fase Clasificatoria a Liga de Ouro. O Balonmán Culleredo Clínica Fisioterapia Benestar ,desprazarase na maña do sábado, a terras do Guardés a disputala derradeira xornada. O encontro terá lugar as 11:30 no Pavillón Municipal de Goián.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS RODESPI BM CAÑIZA

BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS SAR

O Culleredo despreocupate.es afronta o Play Off da Liga Ouro

O noso equipo xuvenil masculino é o primeiro dos nosos equipos ao que lle toca disputar o Play-Off que da acceso a militar esta tempada na máxima categoría, a Liga Ouro. Esta criba, pola que teñen que pasar todos os equipos, decidirá a composición final das ligas Ouro e Prata. O noso equipo accede á eliminatoria como cabeza de serie e por tanto, tamén como anfitrión, polo que este venres e sábado recibirá no pavillón de Tarrío ao Rodespi Cañiza e ao SAR Balonmán. O campión do grupo estará xa en Liga Ouro, mentres que no caso de quedar segundo, haberá que esperar a ver as clasificacións dos outros grupos, xa que só os catro mellores segundos (dos seis existentes) terán premio.

(SM) BM CULLEREDO VS VALINOX NOVÁS “B”

Esta fin de semana, o Bm Culleredo retoma a competición e farao como local no municipal de Tarrío. Será o sábado ás 19:00h ante o Valinox Novás B, no contexto da terceira xornada de Copa Federación dentro do grupo A. Despois de ceder un empate en Chapela, os cullerdenses loitarán por conseguir os dous puntos en xogo e un resultado co que poidan obter o primeiro posto do grupo. Non será tarefa sinxela ante o conxunto do Rosal, sempre competitivo e mostrándose como un dos equipos máis complicados de bater da categoría.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *