Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es xogará un ano máis na máxima categoría

O equipo xuvenil masculino foi o primeiro dos nosos que tivo que afrontar a cita anual do Play-Off, onde queda establecido en que categoría participarán todos os equipos galegos. Como campión da Fase de Clasificación previa, chegábamos a este Play-Off como cabeza de serie e como anfitrión, o que nos poñía tamén na posición de favoritos. O campión de cada grupo, e catro dos seis segundos postos, xogarían esta tempada na Liga Ouro. O resto, quedaría encadrado na Liga Prata.

E a verdade é que os nosos rapaces non defraudaron, e resolveron os dous encontros que tiñan por diante con absoluta solvencia.

No primeiro encontro correspondeunos enfrontarnos ao Rodespi BM Cañiza, ao que xa batéramos con claridade na fase previa. Por ese motivo, o noso equipo saíu ao campo coa intención de obter a maior diferenza de goles posible, o que nos podería facer quedar entre os mellores segundos no caso de fallar o segundo día. A presa por ampliar as diferenzas, fíxonos caer en múltiples precipitacións, e non foi un bo partido. Malia todo, ao final, un contundente 38-20 para os nosos. O primeiro paso estaba dado.

Na segunda xornada o rival sería a SAR de Redondela. O Culle, coa tranquilidade que lle daba o bo resultado do primeiro partido, mostrouse durante todo o encontro moi superior ao equipo visitante. Amparado, como no día anterior, nunha gran defensa, apoiada ademais por unha extraordinaria labor na portería. Ao final, un claro 33-18 para os nosos que nos proclamaba campións do Play-Off e nos daba unha das desexadas 10 prazas para disputar a Liga Ouro.

Xornada 1: Culleredo despreocupate.es – Rodespi BM Cañiza.

Culleredo despreocupate.es 38 (20 + 18): Juanma Pérez, Lucas Sánchez (4), Víctor Sala, Diego Sala (3), Josemi Martínez (2), Shaiel Costa (1), Iván Sánchez, Teo Calvo (2), Daniel González (3), David Martínez (6), Nuno Loxo (7), Pablo Fariña, Diego del Río (2), Iago Bescansa (2), Alejo Martínez e Senén Garea (6).

Rodespi BM Cañiza 20 (11 + 9): Whenhao Cheng, Fabián Domínguez, Xosé María González (5), Marcos López (1), Alejandro Álvarez, Jesús Rivera (2), Brais Fernández (7), Martín Ogando, Daniel Lusquiños, Jairo Domínguez (1), óscar Guerrero (4).

Árbitros: Pablo Torreiro e Marcos Pombal.

Incidencias: primeira xornada do Play-Off xuvenil masculino disputado no Pavillón de Tarrío ante numeroso público local.

Marcador cada cinco minutos: 2-2, 6-3, 9-5, 13-6, 17-8, 20-11 (D), 27-13, 26-14, 27-16, 32-17, 35-18, 38-20.

Xornada 2: Culleredo despreocupate.es – SD SAR.

Culleredo despreocupate.es 33 (17 + 16): Juanma Pérez, Lucas Sánchez (3), Víctor Sala, Diego Sala (1), Josemi Martínez (2), Shaiel Costa, Iván Sánchez (2), Teo Calvo (3), Daniel González (2), David Martínez (3), Nuno Loxo (4), Pablo Fariña (1), Diego del Río (2), Iago Bescansa (1), Alejo Martínez (1) e Senén Garea (8).

SD SAR 18 (9 + 9): Jorge Rivas, Aarón Fernández (8), Marcos Soler (6), Adolfo Fernández, David Blanco, Lucas Vidal, Anxo Silveira (1), Román Lago (1), Guillermo Murillo, Álex Figueroa, Lois Rodríguez (2) e Raúl Araújo.

Árbitros: José Henrique Folgoso e Renzo Martín Díaz

Incidencias: segunda xornada do Play-Off xuvenil masculino disputado no Pavillón de Tarrío con bo ambiente nas bancadas.

Marcador cada cinco minutos: 3-0, 7-1, 9-3, 13-5, 16-7, 17-9 (D), 19-10, 22-12, 26-13, 30-16, 33-17, 33-18.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *