
Xornada de descanso no que a competición oficial se refire, pero na que teremos moitos partidos amistosos para os nosos equipos de prata e os/as máis pequenos/as do clube.
- XOVES:
Desprazaranse a Carballo os equipos de prata Climanosa (IM), Galaico Caravanning (CM) e Remax Riazor (CM) para desputalos que serán os seus primeiros encontros desta tempada fronte aos equipos do Xiria, continuando desta forma coa preparación iniciada en agosto.
- SÁBADO:
Por unha parte irán os equipos femininos de Sutenor (IF) e Baía Edicións (XF) a Novo Mesoiro, donde se enfrontarán aos respectivos equipos do Bm Brigantium. Será este para as nosas nenas o seu primeiro encontro da tempada, donde de seguro veremos moitas cousas positivas e un avance claro como equipos.
Por outra parte, teremos dende as 10:00 ate as 14:00 en Tarrío xornada de minibalonmán para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín. Os/as máis pequenos/as do clube queren tamén dar comezo a esta tempada e veñen cheos/as de ilusión.

