
Despois de ir vencendo durante todo o encontro ao recentemente descendido de categoría nacional, o Balonmán Chapela 1 e de facelo por cinco goles de diferenza cando tan só quedaban 10´para a conclusión do encontro (23-28), o BM.Culleredo sufrÍu un colapso evidente que facilitou o 5-0 de parcial entre o minuto 50 e 55, que ao cabo daría a posibilidade ao conxunto local de Redondela de conseguir un dos dous puntos en xogo.
Non foi un bo partido entre dous equipos que sumaron excesivos erros nas diferentes fases do xogo, o que propiciaría numerosos altibaixos e sen un dominador claro no xogo, aínda que sí no electrónico durante a maior parte do envite. As dificultades dos locais, pasaban nos primeiros trinta minutos polos seus erros ante a portería rival, tanto na definición como na toma de decisións, situación favorable ao BM.Culleredo que, aínda tendo erros no posicionamento e nas axudas defensivas, conseguía dominar con comodidade ao termo do primeiro acto, aproveitando as situacións de contraataque que se lles expuña (10-15).
No segundo tempo e cando todo parecía máis que decidido para os visitantes, que se chegaban a adiantar por ata sete goles de diferenza, chegaría o colapso do conxunto cullerdense, encaixando 19 goles de parcial e con 10 últimos minutos frustrantes, repletos de perdas, erros non forzados e con tan só un gol conseguido. Os instantes de desconcerto aproveitaríaos o BM.Chapela 1 que conseguía establecer as táboas no último minuto e aínda disporía dun ataque para lograr a vitoria. A última defensa dos cullerdenses en inferioridade numérica, evitaría males maiores e o equipo regresaría a Culleredo cun importante punto no peto que lles deixa con opcións para conseguir o primeiro posto do grupo na última xornada ante o Valinox Novás B.
Balonmán Chapela 1: 29 (10+19). Ignacio López (2), Brais Deiro, Manuel González (1), David Figueirido (5), Lois García, Jonathan Rodríguez (1), Carlos Ferreira (4), Pablo Martínez (10), Iñaqui Dacunha (3), Xoel Fdez, José Francisco Rodríguez, Asier Vázquez (2), Samuel Sarandeses (1).
BM. Culleredo : 29 (15+14). Jorge López (P), Oscar Bello (P), Cristian Vigo (P), Martín ínsua (2), Miguel Casal (6), Iago Franco (1), Marco García, Marcos Vázquez (5), Daniel De Salvador (7), Iago Ferreiro (1), Álvaro Fdez, Diego Gago (4), Mario Crecente (4), Darío Pérez, Adrián Rodríguez.
Parciais cada 5´: 3-1 / 4-5 / 5-9 / 8-11 / 10-15 / 10-15 / Descanso / 13-17 / 16-21 / 19-25 / 23-28 / 28-28 / 29-29 / Final.
Colexiado: Martín Rodríguez e Dieo Rivera.
Incidencias: Segundo encontro da Copa Federación en categoría senior masculino, disputado nun pavillón Manuel González Soto de Chapela (Redondela), con boa entrada.
