Saltar ao contido

O abogacía Canosa non puido cun bó Lavadores.

As nosas infantís non puideron dar unha alegria a afición cullerdense nesta ocasión. Ainda asi o equipo estivo en todo momento disputando o partido sen dalo por perdido.

Un partido igualado onde os erros predominaron o encontro, moitos fallos de lanzamento, moitas erros de concentración , esta era a tónica do encontro .

O lavadores moi directo en ataque apenas tiña oposición e cun pouco de paciencia conseguia encontrar espacios de cara o gol , mentres a nosas non tiñan a concentración e a intensidade para poder para o ataque vigués.

Na fase ofensiva o equipo cullerdense estaba moi plano e apenas conseguia opcións claras de cara o gol ,ante unha defensa moi cerrada do equipo vigués que só deixaba espacios nos extremos para que o culleredo lanzase dende os espacios con menor efectividade, isto lastrou moito ao equipo local, que non conseguía boas accións de gol.

A primeria metade terminaba nun 10-10 .

Na segunda metade o Lavadores conseguía despegarse no marcador ata 4 goles, pero unha gran reacción do Abogacía Canosa facía empatar o encontro , nos ultimos 10 minutos de novo os erros de lanzamento dende zonas exteriores lastrou o equio local , mentres que o Lavadores seguia mantendo o nivel en atque desbrodando unha defensa 3:3 que nesta ocasión non funcionou como deberia de ser.

Moito que traballar e aprender lle queda a este equipo que nunca perdeu a cara do encontro .

Destacar a participación das 16 xogadoras que estiveron comprometidas o 100% , e isto di moito deste gran equipo ¡¡

Forza Culle.

Resultado : 18-21

Parciales: 2-2/3-3/5-5/7-5/10-10/10-13/12-15/16-17/18-21.

Balonmán Culleredo Abogacia Canosa:(19+8) Sara Fernandez, Sara Bello, Uxia Otón, Alicia Perez(3), Lucia López(3),Thais Villaverde, Aldara Piñeiro, Adriana Vázquez, Irene Rodriguez(8),Alba Fernández(1),Antía Ferreño(1),Inés Argiz, Nadia Martinez, María Otero, Claudia Soto, Eva Outón.

U.B. Lavadores Vigo:(10+11) Anxela Rey, Noa Miguez, iris Santana, Gala Dacosta, Sara Limes, Aroa Alvarez, Noelia Villavarid.

Colexiado: Pablo Torreiro, Sara Camaño

Incidencias: 2ª xornada da fase previa de clasficación disputado en Almeiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *