Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO SWEEPEND, CONSEGUE O PRIMEIRO LUGAR DO SEU GRUPO CUNHA AMPLA VITORIA

Afrontaba o BM.Culleredo Sweepend o segundo partido da fase de clasificación, un encontro que non era un calquera, xa que ademáis de tratarse do primeiro derbi da tempada ante o BM.Atlántico, o primeiro posto do grupo estaba en xogo. Todas elas eran, polo tanto, razóns máis que suficientes para saír concentrados á pista do pavillón Vale Inclán co obxectivo de traballar colectivamente para conseguir os dous puntos en xogo. Non defraudarían os cullerdenses e a pesar de estar aínda lonxe da súa mellor versión, como é normal a estas alturas da tempada, mostráronse serios desde o inicio, conseguindo que o adestrador local tivese que solicitar o seu primeiro tempo morto ao primeiro de vez, cando o electrónico xa reflectía un marcador de 2-6 a favor do conxunto de Culleredo. Co cambio de sistema defensivo a 5:1, os roubos de balón dispararíanse e o BM.Culleredo Sweepend, poñía terra polo medio, decidindo o primeiro acto ao contraataque (10-21).

Á volta de vestiarios e co mesmo sistema defensivo na retagarda, os visitantes continuarían creando moitas dúbidas na primeira liña rival, colapsando a circulación fluída de balón e, polo tanto, o seu xogo colectivo. As diferenzas seguirían crecendo co paso dos minutos ata conseguir a vitoria final e, o que é máis importante, o primeiro posto do grupo, que deixa aos de Culleredo como cabezas de serie de cara ao Play-Off da categoría.

Club Balonmano Atlántico: 20 (10+10). Enmanuel García, Daniel García, Daniel Archilla, Adrián Río (9), Pablo Castiñeira, Diego Abade (1), Diego Lema (4), Roi Fdez, Miguel Ángel Fdez (4), Martín Vinagre (2), Daniel González.

BM. Culleredo Sweepend: 40 (21+19). Marco González (P), Atalo Bello (7), Hugo Díaz, Iago Vázquez (4), Jaime Serrano, Adrián Veira (3), Iván Sánchez (6), Aaron Blanco, Antón Pérez (2), Álvaro Siso, Samuel Seijas (6), Josemi Martínez (5), Nicolás Casal (3), Alejo Martínez (3), Anxo Negreira (1).

Parciais cada 5´: 3-2 / 7-4 / 10-4 / 12-5 / 16-8 / 21-10 / Descanso / 25-15 / 28-12 / 31-16 / 34-17 / 38-18 / 40-20 / Final.

Colexiados: Ángel Mateos e Paula Peteiro. Sen complicacións.

Incidencias: Segundo encontro da fase de clasificación (Grupo D) na categoría cadete masculino e primeiro derbi da tempada, neste caso, fronte ao BM.Atlántico de Oleiros. Encontro disputado no pavillón Valle Inclán con un centenar de siareiros nas bancadas.

Fotos do encontro no seguinte enlace:

https://photos.google.com/share/AF1QipN2jcEiTqYo_tkixLNtyfvCF3fuAgUPxvcehMKwYgGSVcApkKdBv4YXFGSqvTPRsA?pli=1&key=b0JKU1pwTTBUOG9WSGN3bm1fTDJIZkl0M0ItQWZ3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *