
O equipo infantil masculino Nosolomadera consegue o seu primeiro obxetivo , que era quedar primeiro de grupo na fase de clasificación para ser cabeza de serie de cara o sorteo de Play Off para a liga de Ouro.Agora toca esperar o sorteo.
O nosos infantís viaxaban a Vigo a enfrentarse a un rival que xa o ano pasado xogara a liga de ouro , o 6 do nadal de Coia. O partido comenzaba moi a prol do equipo cullerdense xa que nos primeiros minutos consegue un parcial de 1-6 grazas a un bó traballo na fase defensiva, mediante interceptacións de balón o axudas defensivas que facían que o equipo local estivera moi desequilibrado en ataque .
Na fase ofensiva o Nosolomadera conseguia goles mediante circulación de balón o en acción rápidas de 1x1.
No descanso o marcador reflexaba un 9-17 a prol dos cullerdenses.
Na segunda metade a fase defensiva tivo un incremento de nivel e o equipo quizais estivo máis acertado defendedo o 1x1 moi utilizado polo equipo rival , só nos minutos finais houbo una relaxación defensiva .
O ataque na segunda metade estivo por momento un pouco atastado , a fluidez de balón non foi a adecuada, e os lanzamentos de cara a porteria rival tampouco .
Felcididades e noraboa por esta fase de clasificación ¡¡¡¡
Toca seguir traballando para mellorar as situacións de xogo , para iso esta semana hai descanso para os nosos xogadores do Nosolomadera que intentará estar o máis preparado posible para disputar o Play Off que se disputará en Octubre.
Forza Culle.
Resultado: 18-31
Parciales: 1-3/1-7/4-10/6-14/9-17/10-19/12-22/15-24/15-26/18-31
Nutrendo Seis do Nadal: Iago Alonso (2), David Valle(4),Leo Garces(3),Alejandro Dorado,Alejandro Fernandez, Bruno Meleiro(4),Santiago Fandiño(1),Gonzalo Pombo(4),Manuel Vieitez,Marcos Mosteiro.
Balonmán Culleredo Nosolomadera: Hugo García, Jorge Amor, Hugo Bregua(3),Adrián Aneiros(3),Xoan Seoane(1), Xoan Canedo(5),Iván Gantes(1),Alexis Martinez(5),Jairo Candamio(7),Teo Gomez(2)Hugo Bermúdez(4),Diego Rodriguez.
Colexiado: Inocencio Pérez , Valery Michelle Gomez.
Incidencias: 2ª xornada da fase previa de clasificación , disputada no pavillón municipal de Coia.