Saltar ao contido

IMPORTANTÍSIMA VICTORIA DO BALONMÁN FISIOTERAPIA BENESTAR NA LOITA POLA FASE DE CLASIFICACIÓN A LIGA OURO

Victoria moi importante no día de hoxe do equipo do Balonmán Culleredo Fisioterapia Benestar, que saca o mal sabor de boca da xornada anterior.

O Fisioterapia Benestar, xogou un partido con altos e baixos pero compensado nas actuacións de tódalas súas líneas. Con elo chegou a primeira victoria, ante un Meaño que viña coas mesmas condicións co equipo locatorio.

Tódalas xogadoras aportan cousas no plano individual, pero sobre todo fan co equipo vaia asentándose na categoría.

O equipo do Meaño púxose por diante nos primeiros minutos do encontro, con dous goles de diferencia, e as cullerenses non puideron disolver esta renta inicial, indo sempre por detrás do marcador.

O descanso, o Meaño foise de un (12-13). Na segunda metade as tornas cambiaron e as cullerenses íanse facendo cada vez máis fortes, mostrando unha mellor defensa e un bo xogo de contraataque.

O equipo locatorio logrou escapar de cinco tantos e, aínda que o Meaño intentou recortar, non se poido facer coa victoria final a pesar de ter unha última acción para empatalo encontro.

BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR 24 (12+12): Aroa Garcia Pena, Lucia Lopez Santos (1), Carla Muiño Cancela (4), Alicia Perez Canedo, Carla Corral Quian (2), Aroa Barbeito Casas , Maria Bescansa Alcoba (4), Lua Fernandez Nuñez (1), Aitana Fernandez Marzoa, Leire Barbeito Casas (2), Paula Peteiro Vazquez (2), Antia Ferreño Fernandez , Valentina Martinez Fiuza (5), Irene Rodriguez Fernandez (3), Sara Fraga Fraga

ASUMAL MEAÑO 23 (13+10 ): Carlota Gonzalo Carballo, Angela Chan Radio (2), Alba Dominguez Gonzalez (1), Andrea Dominguez Gonzalez, Lucia Lorenzo Lores (5), Soraya Garcia Prado , Zoe Feijoo Meis , Alba Padin Gondar, Sofia Gallego Dominguez , Claudia Vera Padin (2), Iria Otero Lage (1), Lidia Chan Radio (5), Raquel Muñiz Diaz (4), Lucia Vilar Casal, Noa Rodriguez Pazos (2), Tania Arosa Varela (1)

Parcial cada 5 minutos: Descanso 2-2/3-4/6-6/8-9/10-11/12-13 Final: 16-15/20-15/20-16/23-18/24-20/24-23

Colexiados: Pablo Torreiro Barros e Sara Caamaño Varela. Excluiron dous minutos a Carla Corral e Paula Peteiro polo equipo locatorio e a Iria Otero, Lidia Chan e Noa Rodriguez polo equipo visitante.

Incidencias: 2ª Xornada da fase de clasificación Grupo C, celebrada no Pavillón Municipal de Almeiras. Con 50 persoas aproximadamente de público.

Resultados da xornada:

Sar Rodavigo A 28- Mecalia Atletico Guardes 24

Retomarase a xornada a fin de semana do 2 de outubro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *