Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es, campión de grupo da Fase de Clasificación

Encontro disputado en A Cañiza, segundo partido dos nosos xuvenís en menos de 48h, para finalizar esta Fase de Clasificación previa ao Play-Off. A vitoria era imprescindible para proclamarse campión de grupo, e o noso equipo non defraudou.

Os nosos empezaron o partido con máis dificultades das esperadas, non encontrando esa solidez defensiva que demostraron o venres fronte ao Teucro. O equipo local, empeñábase en buscar o corpo a corpo, cun xogo bastante rudo, pero que empezou dándolles bos resultados. As axudas defensivas non estaban ao nivel esperado, e os de A Cañiza, aínda que con moito esforzo, conseguían ir sumando goles. Na faceta ofensiva, o Culle conseguía con facilidade opcións de lanzamento cómodas, pero fallando numerosos tiros claros. Deste xeito, a diferencia de xogo no campo, non se vía reflectida no marcador, e se chegaba ao descanso cun demasiado axustado 11-16 a prol dos nosos.

Pero na segunda metade, e sabedores de que a diferencias de goles podía ser necesaria para a clasificación, o Culle saíu cunha absoluta determinación a rematar o traballo, e cun parcial de saída de 1-6 deixaba claro cal ía ser a tónica do resto do partido.

A partir dese momento, a superioridade foi absoluta, e o único que quedaba por ver era ata canto íamos ser quen de aumentar a diferencia. Ao final, un claro 24-42 que nos daba a vitoria no partido e na clasificación final deste grupo.

Agora, só queda preparar o Play-Off, próxima cita competitiva para o equipo.

Rodespi Cañiza 24 (11+13): Xosé María González (6), Marcos López, Alejandro Álvarez (2), Whenhao Cheng (1), Jesús Rivera (2), Álex Fernández (2), Brais Fernández (5), Fabián Domínguez, Martín Ogando (1), Daniel Lusquiños (2), Diego Rodríguez, Jairo Domínguez e Óscar Guerrero (1).

Culleredo despreocupate.es 42 (16+26): Juanma Pérez, Iago Bescansa (2), Lucas Sánchez (4), Víctor Sala, Shaiel Costa, Teo Calvo, Daniel González (3), Diego Sala (1), Iván Sánchez, David Martínez (5), Nuno Loxo (12), Pablo Fariña, Diego del Río (1), Alejo Martínez (3) e Senén Garea (11).

Árbitros: Martín Rodríguez e Diego Rivera.

Incidencias: Partido correspondente á terceira e última xornada do Grupo A da Fase de Clasificación, disputado en A Cañiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *