Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Segunda xornada de competición para os equipos de base do clube, tras unha primeira xornada na que se puido ver un bo nivel de xogo para estares aínda a estas alturas da tempada. Os nosos equipos afrontarán esta fin de semana plenos de ilusión por seguir mellorando o x afeito e loitar por seren cabezas de serie dos seus respectivos grupos.

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS U.B. LAVADORES VIGO

As nosas infantís queren resarcirse tralo último partido donde se escapou a victoria nos últimos minutos. O equipo afronta este partido con moitas gañas, xa que queren deleitar a afición cun bo xogo e por suposto cunha victoria que apretaría máis esta clasificación.

(IM) NUTRENDO SEIS DO NADAL VS BM CULLEREDO NOSOLOMADERA

Os nosos infantís masculinos buscan a segunda victoria na fase de clasificación para certificar pasar como cabeza de serie ao Play Off que da dereito á clasificación a Liga de Ouro.

Para iso terá que desputar un partido moi complicado ante o equipo vigués, que xa o ano pasado estaba na liga de Ouro.

Os cullerdenses están a traballar moi duro esta semana, con moita ilusión por disputar este encontro.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS ASMUBAL MEAÑO

Segundo partido para as rapazas cadetes de Fisioterapia Benestar e de novo cita como locais ante o Asmubal Meaño, un club en crecente auxe cos seus equipos femininos.  Despois da derrota da pasada semana ante a SAR de Redondela, o equipo de Culleredo debe de presentar o gran espírito competitivo do que fixo gala no primeiro encontro e, ademais, parten coa ilusión de demostrar cada semana unha mellora con respecto ao partido anterior, asentando conceptos balonmanísticos durante a semana de adestramentos nas distintas fases do xogo. O encontro disputarase o Domingo no polideportivo de Almeiras ás 13:00h.

(CM) CLUB BM. ATLÁNTICO VS BM.CULLEREDO SWEEPEND

Este sábado, o BM.Culleredo Sweepend afrontará o primeiro derbi da tempada na categoría cadete. Os cullerdenses desprazaranse ata o pavillón Valle Inclán para enfrontarse ao BM.Atlántico. Despois da vitoria contundente conseguida a pasada fin de semana ante A Retoral BM.Moaña, os rapaces do BM.Culleredo Sweepend, desexan selar esta fase de clasificación con dous novos puntos. Para iso, deberán de mellorar as súas prestacións defensivas ante un conxunto, o de Oleiros, con bos xogadores e un carácter competitivo sempre encomiable. O partido dará comezo ás 12:00h.

(XM) BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES VS S.D. TEUCRO AYF CORREDURÍAS

RODESPI BM CAÑIZA VS BM CULLEREDO DESPREOCÚPATE.ES

Esta fin de semana os nosos xuvenís terán dobre traballo, toda vez que terán que xogar o partido aprazado a xornada anterior ademáis do correspondente a esta xornada na fase de Clasificación para o Play-Off. Así, o venres será o SD Teucro o que visite a pista de Almeiras ás 20:00h, mentres que o domingo, será o noso equipo o que se desprazará á casa do Rodespi Cañiza (12:00h).

Tendo en conta que na primeira xornada os nosos tiveron que conformarse cun empate na pista do AD Carballal, afrontamos esta fin de semana coa intención non só de vencer os dous partidos, senon de intentar acadar a maior diferencia de goles a favor, para conseguir rematar a fase como campións de grupo.

(SM) BALONMÁN CHAPELA VS BM CULLEREDO

Primeiro partido oficial a domicilio do BM.Culleredo esta tempada e visita a un dos equipos descendidos de 1ª nacional este ano e histórico do balonmán galego, o Balonmán Chapela. O encontro, que se diputará o sábado ás 17:30h no pavillón Manuel González Soto, será un deses enfrontamentos dos que gusta o xogador, precisamente pola historia que hai detrás do rival, do escenario e o que supón un test destas características ante un conxunto con gran potencial descendido de categoría superior. Sen dúbida, un exame de esixencia onde os de Culleredo deberán de afinar a retagarda e presentar os seus mellores números nas distintas fases do xogo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *