
Encontro sen historia o que xogou o BM.Culleredo Sweepend da categoría cadete masculino o pasado sábado no municipal de Tarrío. O partido daba o pistoletazo de saída á tempada 2022-23 e, concretamente, enmarcábase dentro do grupo D da fase de clasificación. O rival que visitaba Culleredo, A Retoral BM.Moaña, ao cabo resultaría ser moi inferior ao conxunto local.
De principio a fin, os cullerdenses foron amos e señores do partido, evidenciando unha superioridade manifesta en todas as fases do xogo. A retagarda do BM.Culleredo Sweepend, conseguía encaixar tan só 6 goles no primeiro acto e o partido estaba visto para sentenza ao primeiro de vez.
No segundo tempo, xa con 41-11, os de Culleredo baixaron en exceso a intensidade e concentración, debido precisamente á diferenza tan avultada entre ambos os conxuntos, así como a que reflectía o electrónico. Isto propiciou que os moañeses alcanzasen a cifra dos 21 goles a favor, triplicando os conseguidos no primeiro tempo e maquillando un tanto o resultado final que se establecía en 57-21, deixando, desta maneira, os dous primeiros puntos da competición oficial na casa.
BM. Culleredo Sweepend: 57. Marco González (P), Atalo Bello (8), Adrián Veira (12), Iván Sánchez (11), Aaron Blanco (4), Antón Pérez (4), Samuel Seijas, Josemi Martínez (3), Nicolás Casal (2), Alejo Martínez (13).
A Retoral BM.Moaña: 21. Hugo Dacunha (11), Devin Uriel Bernárdez, Diego Rivas (1), Martín Veiga (2), Yeray Iglesias (2), Daniel Parente (2), Alexis Silva (3).
Colexiados: Martina Regueiro e Rubén Iglesias.
Incidencias: Prieiro encontro da fase de clasificación (Grupo D) na categoría cadete masculino, disputado no municipal de Tarrío con medio centenar de siareiros nas bancadas.
