Saltar ao contido

O Nosolomadera comeza a competición cunha abultada victoria.

Retornaba a competición o equipo infantil masculino , nesta ocasión xogábase a previa de clasificación para coñecer os cabezas de serie de cara o Play Off de ascenso a liga Oro.

Neste grupo o Nosolomadera enfróntase contra o Atlético Bueu e o 6 Do Nadal De Coia,

Nesta fin de semana tocaba xogar o primeiro partido contra o Bueu no pavillón municipal de Tarrio.

Os nosos infantís comezaron moi concentrados e xa nos primeiros minutos conseguian un gran parcial grazas a recuperacións rápidas de balón e sendos contrataques.Un sistema defensivo 3:3 que estaba a dar os seus frutos.A medida que pasaba o tempo o marcador ampliabase moito máis a prol dos locais , ata chegar o descanso cun 22-5 no electrónico.

A segunda metáde seguiu coa mesma tónica ainda que con máis fallos defensivos que o Bueu lograba aproveitar ainda asi , o Nosolomadera non tiña problemas a hora de conseguir gol e a dinámica do partido era practicamente a mesma.

O final un resultado moi contundente que sempre pode axudar se hay empate na clasificación xeral , grazas o golaverage.

Forza Culle.

Balonmán Culleredo Nosolomadera:46 (22+24).Hugo García,Jorge Amor, Jairo Candamio(10), Xoán Canedo(7),Hugo Bermúdez(2), Teo Meijide(2), Alexis Martinez (4),Adrián Aneiros(6), Xoan Seoane(2),Iván Gantes(2), Hugo Bregua (5),Diego Rodriguez (3) , Alejandro Soto(1).

Bueu Atlético Balonmán: 19(5+14). Anxo, Pablo (5),Diego Otero(4),Mario(5),Miguel Cadilla(4),Gael Garcia,Alberto Fernández(2),Cristian Abal(2), Dario,Alonso, Juan,Francisco.

Colexiado: Martina Regueiro y Rubén Iglesias.

Incidencias: Xornada 1 da fase previa de clasificación , disputado no pavilllón municipal de Tarrio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *