Saltar ao contido

O BM.CULLEREDO COMEZA COPA FEDERACIÓN CON VITORIA

Inicio

Inicio da competición 2022-23 na categoría da 1ª autonómica masculina e primeiro partido oficial no municipal de Tarrío dentro do grupo A de Copa Federación.
Visitaba Culleredo o Granitos Ibéricos Carballal, un conxunto renovado con savia xoven e que pouco ou nada ten que ver co equipo da pasada campaña. Así o demostraron os olívicos desde o principio e durante o sesenta minutos, obrigando aos locais a empregarse ao 100% nun envite típico de arranque da competición con moi pouco balonmán. Cos de Culleredo tomando a iniciativa no marcador desde o asubío inicial, pero co seu rival seguindo os pasos desde moi preto, transcorreron os primeiros trinta minutos, alternando altibaixos no xogo aderezados con pouco ritmo e variedade de imprecisións, propias do mes no que nos atopamos. A diferenza, a favor do BM.Culleredo, mínima (14-12) no tempo de descanso.
Despois do paso por vestiarios, a tónica no 40x20 non variaría en demasía e non sería ata superado o meridiano deste tempo, cando os de Culleredo poñerían terra polo medio enlazando varias defensas con éxito. A distancia, que se ampliaba ata os sete goles a falta de dez minutos, deixaba o encontro virtualmente visto para sentenza (26-19). A mesma distancia sería a que reflectiría o marcador ao final do encontro despois duns últimos minutos prácidos para o BM.Culleredo.

Destacar a participación de catro xuvenís con moi bos números; o Porteiro Juanma Pérez e os xogadores Senén Garea, Nuno Loxo e o lateral dereito de primeiro ano, David Martínez.

BM. Culleredo : 31(14+17). Juanma Pérez (P), Oscar Bello (P), Martín ínsua (2), Miguel Casal (1), Marco García (2), Marcos Vázquez (2), Daniel De Salvador (2), Senén Garea (1), Iago Ferreiro (1), Juanchi (3), David Martínez (3), Diego Gago (5), Nuno Loxo (5), Mario Crecente (3), Darío Pérez (1), Adrián Rodríguez.

Granitos ibéricos Carballal: 24 (12+12). José Gregores, Samuel Rodríguez (1), Pabl oLópez (1), Iago García (1), Pedro Abad (2), Pedro Pérez (1), José Antonio Ballesteros, Lois Castro (1), Isaac Cabanelas (5), Antonio Ramón Mariño (4), Roi Gallego (8), Blas Cabaleiro.

Parciais cada 5´: 3-1 / 5-4 / 7-5 / 9-8 / 12-9 / 14-12 / Descanso / 15-14 / 18-16 / 21-18 / 26-19 / 29-21 / 31-24 / Final.

Colexiado: Andre Pena e Pablo Torreiro.

Incidencias: Primeiro encontro da Copa Federación en categoría senior masculino, disputado nun municipal de Tarrío con boa entrada.

Fotos do encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipPjbmjQJgCsa2i65Y6Nu2hfcZSAXawAPvU8WoVGtTOMkFOVJhnpteLPCb-F7xpZpA?key=b1djMUJFSWtUUkVfMmtIamhRVHo5NjBpR2tBb3hR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *