Saltar ao contido

BOA IMAXE DE LOITA E ESFORZO A PESARES DA DERROTA

Non era sinxelo o exame que debían de acometer as xogadoras cadetes do BM.Culleredo Fisioterapia Benestar este pasado sábado no inicio da competición 2022-23. As visitantes, a SAR de Redondela, é un deses clubs con soleira dentro do panorama balonmanístico, concretamente nos seus equipos femininos, loitando habitualmente por cotas altas na liga autonómica.

A pesar da diferenza no marcador, puidéronse sacar cousas moi positivas do encontro realizado polas cullerdenses, que mantiñan o tipo e de que maneira durante toda a primeira parte, liderando o marcador durante os primeiros quince minutos e competindo sen complexos ante as redondelanas durante vinte e cinco, xusto cando comezaban a fallar as forzas ante a falta de efectivos. Foi así que os primeiros trinta minutos finalizaban cun marcador de 9-16 a favor das foraneas, despois de conseguir un parcial de 1-5 nos últimos cinco minutos do primeiro acto.

A fatiga pasaría factura ás xogadoras locais na continuación e a SAR non atoparía entón rival para obter o premio da vitoria. A pesar do desgaste acumulado, as xogadoras de Culleredo mostraron un caracter competitivo sobresainte, sendo xenerosas no esforzo de principio a fin e deixando boas sensacións en canto ao traballo realizado. Este dato deixa sensacións positivas de cara ao traballo e mellora futura, que veránse reforzadas de seguro coa participación do plantel ao completo nos próximos compromisos.

BM. Culleredo Fisoterapia Benestar: 14(9+5). Aroa García (P), Marc (P), Carla Muiño (4), María Bescansa (3), Lúa Fdez (1), Leire Barbeito (1), Paula Peteiro (4), Valentina Martínez (1), Aitana Fdez.

SAR Rodavigo "A": 38(16+22). Marta Lores (3), Mireia Yozia, Rebeca Vidal, María Villar (2), Uxía Crespo (6), Leire González (4), Carlota Vieiro, Olaia Piñeiro, Julia González (2), Dania González (7), Carla Pérez, Isabel Álvarez (5), Alba Pérez (4), Celia Couñago (3), Lara Sánchez (2).

Parciais cada 5´: 3-2 / 4-3 / 6-6 / 6-8 / 8-11 / 9-16 / Descanso / 10- 20 / 11-25 / 13-28 / 13-34 / 13-35 / 14-38 / Final.

Colexiados: André Pena e Pablo Torreiro.

Incidencias: Primeiro encontro da fase de clasificación para o Play-Off (Grupo C) na categoría cadete feminino, disputado no pavillón de Tarrío ante medio centenar de siareiros.

Fotos do encontro:

https://photos.google.com/share/AF1QipMSfDFOHHieHS4LbQBchNC408kdPh8VWdpzRyzC9mr2l_X6Ju96dzC80dt_k2IUgg?key=MDNER2lEcVBRTDZhQTZIS0NIQVVvU1ZYVDVtYVZR

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *