Saltar ao contido

O Culleredo despreocupate.es debuta cun empate en Vigo

Arrancaba a competición oficial desta tempada para o noso equipo xuvenil masculino coa disputa da fase de clasificación para o Play-Off, e na primeira xornada tocábanos render visita ao AD Carballal.

O partido deixou claro o momento da tempada no que nos atopamos, co noso equipo cometendo moitos erros, e notándose aínda a falta de competición.

Na faceta defensiva, a tónica foi a mesma durante todo o encontro: moita consistencia sobre todo na zona central, que poñía en moitas dificultades ao ataque local, pero sendo incapaces de manter o nivel o tempo suficiente, de maneira que con ataques moi longos por parte do Carballal, acababan tendo opcións de lanzamento aproveitando algún erro dos nosos xogadores.

Na parte ofensiva foi onde máis se notou a falta de partidos, porque o xogo colectivo estivo moi atascado, e case sempre acabábanse os ataques con accións individuais, ante a falta de coordinación grupal.

En definitiva, gran esforzo de todos os xogadores, que competiron moi ben os sesenta minutos, pero con signos de que aínda nos queda traballo por facer para chegar ao verdadeiro nivel que ten que dar este equipo.

AD Carballal 28 (13 + 15): Diego Otero, David González (1), David Fernández (1), Iago García (3), Elías Silva (3), Javier Zambrana (2), Xoel Malfaz, Anxo Barciela (2), Iago Castro (2), Nicolás Docampo (8), Iván Puentes (1), Alberto Terleiro (5), Isidro Mariño e Martín Rodríguez.

Culleredo despreocupate.es 28 (11 + 17): Juanma Pérez, Iago Bescansa (2), Lucas Sánchez (1), Víctor Sala, Josemi Martínez (2), Shaiel Costa (2), Iván Sánchez, Teo Calvo, Daniel González (9), Diego Sala (2), David Martínez (2), Nuno Loxo (6), Pablo Fariña e Senén Garea (2).

Árbitros: Paula Fontán e Víctor Manuel Rivera.

Incidencias: encontro correspondente á primeira xornada da fase de clasificación para o Play-Off disputado no Pavillón do Loureiro en Carballal (Vigo).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *