Saltar ao contido

PREVIA DA XORNADA

Esta fin de semana as nosas categorías base volven ás pistas, dando desta forma comezo de forma oficial á tempada 22/23.

O sábado teremos 5 partidos en Tarrío, incluíndo o partido do equipo senior, donde poderemos ver os primeiros pasos de parte dos nosos equipos na competición. ¿Que non sabes quen xoga? pois aquí che deixamos o menú da xornada:

(IF) BM CULLEREDO CANOSA ABOGACÍA VS MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

As guerreiras do Bm Culleredo Canosa Abogacía comezarán a competición este sábado ás 11:30 en Tarrío. As nosas rapazas chegan cheas de ilusión, tras unha boa pretempada e cargadas de enerxías para afrontar este primeiro encontro. Como rival terán ao sempre competitivo Atlético Guardés, un equipo que nos porá as cousas moi difíciles, pero seguro que isto será un plus para que as nosas nenas den o 100%, que sigan aprendendo e dando pasiños cara os obxetivos deste grupo!

(IM) BM CULLEREDO NOSOLOMADERA VS SONRÍAS BAIXAS BUEU ATLÉTICO BM

Volta á competición para o infantil masculino que este sábado ás 10:00 en Tarrío comeza coa fase previa de clasificación para os Play Off de ascenso á Liga de Ouro.

Nesta competición búscase ser o primeiro de grupo para ser cabeza de serie no sorteo dos Play-off de ascenso. 

Moita ilusión e moito traballo deste grupo infantil que ten gañas de comezar a competición e o fará primeiro nesta fin de semana contra un clásico do balonmán galego, o Bueu, un equipo que ata agora participaba en Liga de Prata pero que quere dar un paso máis este ano.

Prométese un encontro moi emocionante, onde os dous equipos parten dende 0 para lograr o primeiro posto neste grupo D da fase previa de clasificación.

(CF) BM CULLEREDO FISIOTERAPIA BENESTAR VS SAR RODAVIGO “A”

Comezan tamén esta xornada a competición para as cadetes do BM Culleredo a tempada 2022-23 e farano co encontro que lles enfronta en Tarrío (Sábado 16:30h) á SAR Rodavigo "A", un dos clubes con máis soleira en Galicia e tradición no balonmán feminino. Con certeza que será un duro exame para as nosas nenas do BM.Culleredo Fisioterapia Benestar, que parten coa ilusión de facer un gran partido ante un equipo desta enxunlla.

(CM) BM CULLEREDO sweepend VS A RETORAL BM MOAÑA

Esta fin de semana comeza a competición para o conxunto cadete masculino do BM.Culleredo Sweepend. Nesta fase fase de clasificación, que dá o pistoletazo de saída á tempada 2022-23, os cullerdenses están enmarcados no grupo D xunto ao Club BM.Atlántico e A Retoral BM.Moaña, rival deste sábado en Tarrío. Os de Culleredo parten con ilusións renovadas para loitar por grandes obxectivos e desexan comezar da mellor forma posible esta fin de semana ante a súa afección. O encontro dará comezo ás 13:00h.

(SM) BM CULLEREDO VS Granitos Ibéricos Carballal

Despois do test de pretemporada e do encontro oficial da Copa Galicia, o conxunto senior do BM.ulleredo, inicia esta fin de semana en Tarrío (Sábado 18:30), a competición oficial de Copa Federación. O rival que visita o municipal cullerdense será os Granitos Ibéricos Carballal de Vigo e suporá unha pedra de toque máis na preparación do conxunto local de face ao comezo de liga a segunda fin de semana  de Outubro. Os de Culleredo, aínda con varias baixas no seu cadro de persoal, seguirán cunha diminución importante no número de efectivos, que tentarán superar coa convocatoria de xogadores xuvenís para este envite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *